Nathan Lee Chasing His Horse

actor estadounidense

Nathan Lee Chasing His Horse, nado o 28 de abril de 1976, é un actor da tribo síux dos lakota. É membro da Reserva India de Rosebud, fillo do Xefe Joseph Chasing Horse e de Winifred Chasing Horse.

Nathan Lee Chasing His Horse
Nacemento28 de abril de 1976
LugarDacota do Sur
NacionalidadeEstados Unidos de América
Profesiónactor
Na rede
IMDB: nm0496724 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Chasing His Horse actuou no papel de Sorrí Moito (en lingua lakota: Iȟá s’a) na película de Kevin Costner Dances with Wolves. Posteriormente actuou en tres filmes para televisión con Eric Schweig: The Broken Chain, Into the West e Enterrádeme o corazón en Wounded Knee.

Ademais da súa carreira no cine, Nathan Chasing His Horse é un recoñecido médico, que vive do xeito tradicional dos lakota.

Filmografía editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar