Narva
Narva (en alemán Narwa) e unha cidade de Estonia situada na fronteira norte con Rusia. O río Narva flúe dende o lago Peipus, directo á cidade. O 1 de xaneiro do 2004 a cidade tiña unha poboación de 67 355 habitantes nunha área de 84,54 km², cunha densidade de poboación de 796,7 hab./km².
Localización | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
País | Estonia | ||||||||||||||||||||||
Condados | Condado de Ida-Viru | ||||||||||||||||||||||
City (en) | Narva City (en) | ||||||||||||||||||||||
Capital de | |||||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||||
Poboación | 53.875 (2023) (784,09 hab./km²) | ||||||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua estoniana | ||||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||||
Superficie | 68,71 km² | ||||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||||
Creación | 1345 | ||||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||||
• Xefe do goberno | Katri Raik (2021–) | ||||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||||
Código postal | 20001–21020 | ||||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | 35 | ||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||
Irmandado con | Ivangorod (pt) Gorna Oryahovitsa Municipality (en) Elbląg Kirovsky District, Saint Petersburg (en) Bălţi (pt) Kobuleti (en) Chornomorsk (pt) Olaine (en) Tinglev Parish (en) Karlskoga (municipio) Donetsk Pärnu Lahti Petrozavodsk (pt) (2011–) | ||||||||||||||||||||||
Páxina web | narva.ee |
O 93,85 % da poboación de Narva está formada por rusos, a maior parte inmigrantes da antiga Unión Soviética.
Historia editar
Fundado durante o reinado dinamarqués na Estonia setentrional no século XIII, o castelo e a cidade de Narva convertéronse en posesión da orde de Livonia despois de 1347. Capturado brevemente polo exército ruso en 1555, Narva cambiou de mans algunhas veces, e despois de 1581 foi controlada por Suecia. A cidade foi reconquistada por Rusia en 1704 e permaneceu no Imperio ruso ata a independencia estoniana en 1918.
Ó longo do río Narva atópase un forte ruso, o forte de Ivangorod, fundado polo Gran Duque Ivan III de Moscovia en 1492 e chamados ás veces Conde de Narva. Durante os tempos Soviéticos Narva e Ivangorod estaban irmandadas, a pesar de pertencer a diversas repúblicas. Antes da segunda guerra mundial, Ivangorod (en estoniano coñecido como Jaanilinn) era parte de Narva.
Poboación editar
Segundo o censo de 2001, o 93,85% dos habitantes de Narva eran rusófonos (86,41% rusos), principalmente inmigrantes rusos da era soviética e os seus descendentes. Durante a segunda guerra mundial a cidade de Narva foi destruída case na súa totalidade. Trala guerra, as autoridades soviéticas prohibiron a volta dos habitantes da preguerra (estonianos na súa maioría, formando o 64,8% da poboación segundo o censo de 1934), alterando radicalmente a composición étnica da vila.[1]
Notas editar
- ↑ Toivo U. Raun, Estonia and the Estonians, Hoover Institution Press, Stanford University, 2001, ISBN 0817928529, p131
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Narva |
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Narva – Sitio web
- Narva In Your Pocket Guía da Cidade
- Mapa de alta resolución de Narva, vía Google Maps.