Narcisa Pérez Reoyo

escritora española

Narcisa Pérez Reoyo y Soto de Boado, nada en Santiago de Compostela o 4 de maio de 1849 e finada na Coruña o 19 de xuño de 1876,[1] foi unha poeta galega en lingua castelá.[2][3][4][5]

Infotaula de personaNarcisa Pérez Reoyo

Gravado en La Ilustración Gallega y Asturiana
Nome orixinalNarcisa Pérez Reoyo y Soto de Boado
Biografía
Nacemento4 de maio de 1849
Santiago de Compostela
Morte19 de xuño de 1876 27 a.
A Coruña
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Relixióncatólica
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticopoesía
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNicolás Boado del Pan
Fillosdous
PaiNarciso Pérez Reoyo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 7472

Traxectoria editar

Filla única do médico e escritor Narciso Pérez Reoyo, burgalés residente na Coruña, e de Pepa Soto, relacionouse co matrimonio Murguía-Castro. Casou con Nicolás Boado del Pan, profesor da Escola de Belas Artes da Coruña, con quen tivo dous fillos.[6]

Asinou no Álbum de la Caridad, El Almanaque Gallego de Lugo, Revista Gallega, El Angel del Hogar e La Voz de la Caridad de Madrid e en La Revista Católica de Zaragoza.

Finou prematuramente na Coruña, con 27 anos de idade.

 
Horas perdidas, 1873.

Obra editar

  • Cantos de infancia, prologado por Manuel Murguía, A Coruña: Tipografía Galaica, 1865 (con 16 anos de idade).
  • Devocionario infantil, dedicado a Afonso de Borbón (Afonso XIII, aínda Príncipe de Asturias),[7] Lugo: Imprenta de Soto Freire, 1867.[8]
  • Horas perdidas, Lugo: Imprenta de Soto Freire, 798 páxinas, 1873.[9]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar