Narcís Oller

escritor español

Narcís Oller i Moragas, nado en Valls en 1846 e finado en Barcelona en 1930, foi un escritor catalán. Considérase o creador da novela catalá moderna.

Narcís Oller
Nome completoNarcís Oller i Moragas
Nacemento10 de agosto de 1846
Lugar de nacementoValls
Falecemento26 de xullo de 1930 e 1930
Lugar de falecementoBarcelona
SoterradoPoblenou Cemetery
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, tradutor, autor, novelista e político
FillosJoan Oller i Rabassa e María Oller Rabassa
Coñecido porLa febre d'or e Pilar Prim
Na rede
Find a Grave: 53710082 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Busto de Narcís Oller.

Traxectoria editar

Nado no seo dunha familia burguesa, quedou orfo aos tres anos e foi educado pola nai e o tío materno, quen lle transmitiu a súa afección literaria. Estudou dereito en Barcelona, onde se establece definitivamente en 1873, foi funcionario da deputación provincial de Barcelona e procurador dos tribunais.

Aínda que comezou escribindo en castelán, por influencia de Josep Yxart e J. Riera i Bertran converteuse ao catalanismo logo de acudir á celebración dos Jocs Florals de 1877.

Narcís Oller foi basicamente foi un narrador, destacando polas súas novelas realistas, influenciadas por Émile Zola. Escribiu tamén teatro e traduciu a autores europeos como Pavlovski, Lev Tolstoi, Carlo Goldoni ou Dumas.

Obras editar

  • Un viaje de placer, 1868 (baixo o alcume de Plácido)
  • Croquis del natural, 1879
  • La papallona, 1882
  • L'escanyapobres, 1884
  • Vilaniu, 1885
  • La febre d'or, 1890-1892
  • La bogeria, 1898
  • Teatre d'aficionats, 1900
  • Pilar Prim, 1906
  • Renyines d'enamorats, 1926 (teatro)