Naranjito foi a mascota da Copa Mundial de Fútbol organizada por España no ano 1982.[1]

Características editar

A mascota foi creada polos publicitarios María Dolores Salto e José María Martín Pacheco , en Sevilla. O personaxe representaba unha laranxa, froito típico da zona do País Valenciano e Andalucía, vestida co uniforme da selección de fútbol de España e cun balón deste deporte debaixo do brazo esquerdo.

Notas editar

  1. "FIFA World Cup mascots: 1966-2010". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar