Naomi Osaka

tenista profesional xaponesa

Naomi Osaka ou Ōsaka Naomi (en xaponés: 大坂 なおみ), nada en Chūō-ku (Osaca) o 16 de outubro de 1997 é unha tenista xaponesa. Osaka foi a número 1 do mundo da Women's Tennis Association (WTA), e é a primeira xogadora asiática que o logrou en categoría individual.

Naomi Osaka
Nome completo大坂 なおみ
Nacemento16 de outubro de 1997
Lugar de nacementoChūō-ku
NacionalidadeXapón e Estados Unidos de América
EtniaHaitianos, Hafu e Pobo xaponés
Alma máterBroward Virtual Education High
Ocupacióntenista
IrmánsMari Osaka
PremiosSports Illustrated Sportsperson of the Year, Associated Press Athlete of the Year e Time 100
Na rede
https://www.naomiosaka.com/
IMDB: nm8171677 Facebook: NaomiOsakaTennis Twitter: naomiosaka Instagram: naomiosaka TikTok: naomi.osaka WikiTree: 大坂-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nada no Xapón, filla de pai haitiano e nai xaponesa, vive nos Estados Unidos dende os tres anos. Comezou a ser coñecida con dezaseis anos cando venceu a antiga campioa do US Open Samantha Stosur no seu debut na WTA Tour. Dous anos despois, chegou á súa primeira final da WTA no Pan Pacific Open do Xapón (2016), co que entrou nas 50 primeiras da clasificación. Osaka revelouse como unha gran tenista en 2018, ao gañar o seu primeiro título WTA no Indian Wells Open. En setembro de 2018 gañou o Aberto dos Estados Unidos vencendo a Serena Williams na final, converténdose na primeira tenista xaponesa que gañaba un torneo individual do Grand Slam.

Osaka é coñecida pola súa orixe multiétnica e a súa personalidade tímida. Na pista ten un xogo agresivo[1] cun poderoso servizo que pode acadar os 200 km/h, un dos dez máis rápidos da historia do tenis feminino.[2][3]

Finais de Grand Slam editar

Resultado Ano Torneo Superficie Opoñente Puntuación
Gañadora 2018 Aberto dos Estados Unidos Dura   Serena Williams 6–2, 6–4
Gañadora 2019 Aberto de Australia Dura   Petra Kvitová 7–6(7–2), 5–7, 6–4

Notas editar

  1. "All You Need To Know About US Open Star Naomi Osaka". BeiN Sports. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  2. Thomas, Louisa. "The Thousand Autumns of Naomi Osaka". Racquet Magazine. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2018. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  3. Joseph, Adi (29 de agosto de 2017). "Who is Naomi Osaka? 19-year-old stole U.S. Open spotlight with Round 1 upset". USA Today. Consultado o 16 de outubro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar