Nando de Colo

baloncestista francés

Nando de Colo, nado o 23 de xuño de 1987 en Sainte-Catherine-lès-Arras, é un xogador de baloncesto profesional francés que xoga no Fenerbahçe da Basketbol Süper Ligi. Os seus pais son portugueses.

Nando de Colo
Fenerbahçe  – No. 1
Información persoal
Nacemento 23 de xuño de 1987 (36 anos)
Norte-Paso de Calais Sainte-Catherine, N-PC
Nacionalidade Francia
Altura 1,89 m (6 ft 2.5 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Cholet Basket (2006–2009)
Valencia BC (2009–2012)
San Antonio Spurs (2012–2014)
Austin Toros (2012–2014)
Toronto Raptors (2014)
CSKA Moscova (2014–2019)
Fenerbahçe (2019–presente)

Traxectoria editar

De Colo fixo o seu debut profesional na tempada 2006-07 na Ligue Nationale de Basketball co Cholet Basket. Foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2009 polos San Antonio Spurs. Despois, en 2009, foise ao Power Electronics Valencia da Liga ACB.

En xullo de 2012 decidiu dar o salto á NBA, e asinou un contrato por dous anos cos San Antonio Spurs.[1] Durante as súas dúas tempadas en San Antonio, foi asignado en varias ocasións ós Austin Toros, afiliado dos Spurs na NBA Development League.

O 20 de febreiro de 2014, foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Austin Daye.[2]

Selección de baloncesto de Francia editar

De Colo é membro da selección nacional de baloncesto de Francia, e xogou con eles no EuroBasket 2009, EuroBasket 2011, EuroBasket 2013 e o Campionato do Mundo da FIBA de 2010.

Notas editar

  1. "Spurs sign guard Nando De Colo". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 28 de febreiro de 2014. 
  2. "Raptors Acquire Nando De Colo". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2014. Consultado o 28 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar