Nancy Sinatra

cantante estadounidense

Nancy Sandra Sinatra,[1] nada en Jersey City o 8 de xuño de 1940,[2] é unha cantante e actriz estadounidense. É a filla máis vella de Frank Sinatra e Nancy (Barbato) Sinatra, e é amplamente coñecida polo seu éxito de 1966 "These Boots Are Made for Walkin'".

Infotaula de personaNancy Sinatra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Nancy Sandra Sinatra Editar o valor em Wikidata
8 de xuño de 1940 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Jersey City, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura160 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz de cinema , compositora de cancións , actriz , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, música pop, Música country, country pop (pt) Traducir, música pop tradicional (pt) Traducir e Jazz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoRCA Victor
Elektra Records
Buena Vista Records
Private Stock Records (pt) Traducir
Reprise Records
Attack Records (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHugh Lambert (en) Traducir (1970–1985)
Tommy Sands (pt) Traducir (1960–1965), divorcio Editar o valor em Wikidata
FillosAJ Lambert (en) Traducir
 () Hugh Lambert (en) Traducir
Amanda Lambert (en) Traducir
 () Hugh Lambert (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFrank Sinatra Editar o valor em Wikidata  e Nancy Sinatra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrank Sinatra Jr. (pt) Traducir e Tina Sinatra (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnancysinatra.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0005434 Allocine: 19900 Rottentomatoes: celebrity/nancy_sinatra Allmovie: p65895 Metacritic: person/nancy-sinatra TV.com: people/nancy-sinatra
Facebook: NancySinatra Twitter: NancySinatra Instagram: nancysinatra MySpace: nancysinatra Souncloud: nancy-sinatra-official Spotify: 3IZrrNonYELubLPJmqOci2 iTunes: 22552160 Last fm: Nancy+Sinatra Musicbrainz: c2e36518-9c3b-4dcb-82ad-a3fc7fe99c67 Songkick: 445077 Discogs: 135246 Allmusic: mn0000366407 Deezer: 1032 Genius: Nancy-sinatra Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Nancy Sinatra naceu en 1940 en Jersey City, Nova Jersey. Era a máis vella dos tres fillos do cantante Frank Sinatra e da súa esposa, Nancy Barbato (1917-2018).[3] Coa súa familia trasladouse a Hasbrouck Heights, mentres o seu pai vivía os seus primeiros anos de carreira musical. Esa estadía en Jersey City non durou moito tempo, xa que a súa nai se preocupaba polas múltiples visitas dos seguidores ao seu fogar, ademais de que Frank tiña que aumentar a súa carreira musical.[4] Frank Sinatra foi chamado para uns traballos musicais en Hollywood e a familia mudouse a Toluca Lake (California). O traslado causou que Nancy se iniciase en múltiples estudos profesionais ligados ao medio artístico, xa que recibiu clases de piano durante 11 anos, así como oito anos de danza, cinco de arte dramática e varios meses de adestramento vocal.[4]

Entusiasta por seguir os pasos do seu pai, Sinatra comezou a súa carreira en 1960, debutando no espectáculo do seu pai, The Frank Sinatra Timex Show. Ese mesmo ano, Reprise Records ofreceulle un contrato musical. A pesar de que as cancións lanzadas foron moi populares na radio en Europa e no Xapón, ningunha delas chegou a formato físico nos Estados Unidos.[4]

Inicios da carreira musical editar

 
Sinatra na sesión fotográfica do seu álbum Boots.

Os proxectos musicais de Nancy Sinatra, deron un cambio en 1966, cando, xunto cos seus produtores, cambiaron a imaxe da cantante por un estilo máis maduro e atractivo, que atraeu a atención de distintos medios, e trala sinatura con Represe Records, Nancy Sinatra lanzou o sinxelo «These Boots Are Made for Walkin'» que alcanzou o primeiro posto da lista Billboard Hot 100, grazas aos seus millóns de exemplares vendidos nos Estados Unidos.[4][5]

Despois da fama adquirida polo sinxelo, Nancy Sinatra fixo varias aparicións na televisión e debutou como actriz de cinema no filme The Ghost in the Invisible Bikini (1966). A súa participación en programas de televisión foi en espectáculos como The Smothers Brothers Show, eThe Ed Sullivan Show e The Man From UNCLE. O éxito inesperado de «These Boots Are Made for Walkin'» provocou o lanzamento do álbum Boots, produción debut da cantante, que se converteu no disco de máis éxito da súa carreira. Tras varias presentacións en vivo, Nancy Sinatra traballou co cantante Lee Hazlewood, que foi o encargado de producir o seu segundo álbum de estudio How Does That Grab You? o mesmo ano. A pesar de ser un dico popular, non obtivo as mesmas vendas que o seu antecesor.[5] Del extraéronse os sinxelos «How Does That Grab You, Darlin'?» e «Bang Bang (My Baby Shot Me Down)»; o primeiro logrou colocarse no número 7 de Billboard Hot 100, mentres que o segundo tivo unha popularidade moderada en Europa.[4][5]

A finais de 1966, Represe Records decidiu publicar Nancy In London como un terceiro álbum de estudio e así finalizar unha triloxía musical. Do álbum extraéronse dous sinxelos, dos cales o primeiro foi «Friday's Child», que debutou no posto número 36 do Billboard Hot 100 e o segundo «You Only Live Twice» logrou as posicións 3 e 44 das listaxes Adult Contemporary e Billboard Hot 100, respectivamente.[5][6]

1967-1969 editar

 
Sinatra na gravación do vídeo «Sugar Town».

O éxito dos seus tres primeiros álbums de estudio, permitiu a Nancy Sinatra lanzar o seu cuarto álbum, titulado Country My Way. Así mesmo, a popularidade levouna a introducirse de forma máis ampla no cinema, participando nos filmes Last of the Secret Agents? (1967) e Os anxos do inferno (1967). Porén, o éxito comercial de Country My Way foi moderado, tralo que Represe Records deu a Sinatra unha imaxe máis sexual e comezaron a traballar en cancións cun son máis próximo ao rock. Deste xeito, lanzouse o seu quinto álbum de estudio chamado Sugar, do que se editou o sinxelo «Sugar Town», que acadou o posto número 18 nos Estados Unidos e levantou comercialmente a carreira de Sinatra.[7][8] Tralo lanzamento do seu quinto álbum de estudio, en 1968, Nancy Sinatra participou nun álbum dobre co cantante Lee Hazlewood, chamado Nancy & Lee. Ese mesmo ano, traballou xunto a Elvis Presley no filme Speedway.[4][9]

De Sugar tamén se extraeu o sinxelo «Somethin' Stupid», unha canción a dúo co seu pai Frank Sinatra. A canción tivo un súpeto éxito comercial nos Estados Unidos, dando a Nancy o seu segundo número 1 no país, así como millóns de vendas físicas.[5] Posteriormente o disco titulado Nancy púxose á venda meses despois, sendo o primeiro álbum homónimo da cantante e o sexto de estudio da súa carreira.

1969-2004 editar

Despois de lanzar seis álbums de estudio con Reprise Records, a cantante asinou un contrato con RCA Victor. Con este selo discográfico, sacou á venda o seu sétimo álbum, titulado Woman.[5] Non obstante, o cambio de discográfica non foi favorábel, pois o álbum tivo pouca promoción e non acadou vendas altas en ningún continente, o que obrigou a Nancy a rematar o contrato con RCA Victor e iniciarse como empresaria independente e así fundar a súa propia compañía privada, Boots Enterprises, Inc. O cambio provocou un descanso de varios anos, e non foi ata o 11 de abril de 1995, en que Nancy publicou o seu oitavo álbum, co nome One More Time, ao que seguiu un segundo álbum homónimo, Nancy Sinatra, que tiña un son máis Industrial rock.[4][5][10] Nese tempo, a cantante tamén publicou o seu primeiro EP titulado For My Dad que contiña cancións dedicadas ao seu pai, incluíndo o dueto «Somethin' Stupid».[11]

Século XXI editar

Tras afastarse cinco anos da industria musical, Nancy Sinatra editou un álbum recompilatorio con cancións raras e inéditas, que lanzou co título de Cherry Smiles o 22 de setembro de 2009.[12] En 2013, a cantante entrou nos estudios de gravación de novo e confirmou que traballaba no seu décimo álbum de estudio. Shifting Gears foi estreado o 3 de decembro de 2013 e foi promocionado co sinxelo «Holly Holy».[13][14]

Familia editar

Nancy Sinatra casou en 1960 co cantante Tommy Sands, do que se divorciou en 1965.[15] Estivo casada con Hugh Lambert dende 1970 ata a morte del en 1985.[16] Con Lambert tivo dúas fillas, Angela Jennifer "AJ" Lambert Paparozzi (que tivo como padriños a James Darren e a súa segunda esposa Evy Norlund) e Amanda Catherine Lambert Erlinger. Ambas as mulleres recibiron un millón de dólares do testamento do seu avó Frank Sinatra a través dun fondo fiduciario comezado en 1983.[17]

Discografía editar

Filmografía editar

Notas editar

  1. McKay, Mary-Jayne (25 de febreiro de 2005). "Nancy Sinatra Walking Back To Fame". CBS News. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. Stutz, Colin (16 de marzo de 2016). "Frank Sinatra Jr. Dies at 72". Billboard. Consultado o 4 d febreiro de 2018. 
  3. Redacción (14 de xullo de 2018). "Muere la primera mujer de Frank Sinatra a los 101 años". La Vanguardia (en castelán) (Barcelona). Consultado o 14 de xullo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Biography - Nancy Sinatra". Biography (en inglés). 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 "Nancy Sinatra Billboard Singles". Allmusic. Rovi Corporation. 
  6. "Nancy Sinatra - Nancy In London". Allmusic. Rovi Corporation. 
  7. "Nancy Sinatra - Sugar". Allmusic. Rovi Corporation. 
  8. "Sugar Town - Single". Allmusic. Rovi Corporation. 
  9. Wolff, Kurt. "Nancy & Lee". Allmusic (en inglés). 
  10. Wolff, Kurt. "Nancy Sinatra Album". Allmusic (en inglés). 
  11. "For My Dad - EP". Apple Corporation (en inglés). 
  12. "Cherry Smiles - rare singles". Apple Corporation (en inglés). 
  13. Patrick Ryan. "Song Stream Premiere Nancy Sinatra Holly Holy". USA Today (en inglés). 
  14. "Shifting Gears". Apple Corporation (en inglés). 
  15. "Nancy Sinatra: 'It still hurts to hear his voice'". Telegraph. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  16. "Dancer Hugh Lambert, 55, Husband of Nancy Sinatra". Chicago Tribune (United Press International). 22 de agosto de 1985. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2018. Consultado o 04 de xaneiro de 2020. 
  17. "Sinatra's Will Leaves $3.5 Million to Widow". Los Angeles Times. 11 de abril de 2010. Consultado o 19 de agosto de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar