Nadine Sierra

soprano lírica estadounidens

Nadine Sierra, nada en Fort Lauderdale o 17 de maio de 1988, é unha soprano lírica estadounidense.

Nadine Sierra
Nadine Sierra en 2013
Nome completoNadine Sierra
Data nacemento17 de maio de 1988 (35 anos).
Nado enFort Lauderdale Estados Unidos de América Estados Unidos
OcupaciónCantante
XéneroÓpera
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozSoprano
Relacionado conLeo Nucci, Stefano Secco
Tempo en activo2002 — actualidade
Na rede
nadinesierra.com/
Facebook: NadineSierra Twitter: nadinecsierra Instagram: nadine.sierra Spotify: 0KZxSBGvjZVKOo6dmwfkfN Musicbrainz: 511b8502-25ec-49c5-a456-bbad6b84bc76 Discogs: 6735694 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en Fort Lauderdale, Florida, en 1988. Asistiu á Alexander W. Dreyfoos School of the Arts en West Palm Beach, Florida[1] e formouse no Mannes College of Music e na Music Academy of the West, de Marilyn Horne.

Cantou cando tiña 14 anos coa Palm Beach Opera e fixo a súa estrea operística con 15 anos en Hänsel e Gretel de Engelbert Humperdinck. Nese mesmo ano apareceu no programa da radio pública italiana interpretando O mio babbino caro de Gianni Schicchi. Fixo o seu primeiro concerto en Helsinqui no 2009.

En outubro de 2009 cantou no Cruceiro Mediterráneo Marilyn Horne que percorreu Italia, Croacia, Turquía e Grecia. En xaneiro de 2011 regresou a Palm Beach Opera con Orfeo e Eurídice no papel protagonista. En xaneiro de 2012, apareceu como Gilda en Rigoletto na Florida Grand Opera, papel no que apareceu tamén en 2013 no Teatro San Carlo de Nápoles, na Metropolitan Opera House en 2015 e en xaneiro 2016 na La Scala de Milán con Leo Nucci.[2][3]

Cantou no Concerto de Aninovo 2016 en La Fenice de Venecia con Stefano Secco[4] e no Concerto de Aninovo 2017 en Teatro Massimo de Palermo.

Premios editar

Entre outros:

  • 2007: Palm Beach Opera Vocal Competition
  • 2009: Metropolitan Opera National Council Auditions [5]
  • 2009: Florida Grand Opera Competition, Primeiro premio categoría xove, Miami [6]
  • 2010: Gerda Lissner Foundation Competition, Unua premio, Nova York[7]
  • 2013: Neue Stimmen, Primeiro premio do xurado popular, Gütersloh [8]

Notas editar

  1. «Young Singers Await Their Big Moment at the Met.»
  2. «La «deb» e il fuori classe.»
  3. «Una nuova Gilda: "Dai grandi colleghi ho imparato a essere vera".»
  4. «Concerto di Capodanno: alla Fenice si apre il 2016 in musica.»
  5. "«Metropolitan Opera, List of National Council Winners.»" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2012. Consultado o 08 de marzo de 2016. 
  6. "«Florida Grand Opera, Young Patronesses of the opera.»". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2009. Consultado o 08 de marzo de 2016. 
  7. "Gerda Lissner Foundation.". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2015. Consultado o 08 de marzo de 2016. 
  8. "«Neue Stimmen - The Grand Finale.»". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 08 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar