Nadia Murad

Activista polos dereitos humanos iazidi

Nadia Murad Basee Taha (en kurdo: نادیە موراد: ou Nadiye Murad), nada en 1993, é unha activista iézidi a prol dos dereitos humanos,[1][2], Premio Nobel da Paz en 2018. En setembro de 2016 converteuse en Embaixadora de Boa Vontada para a Dignidade de Superviventes de Tráfico Humano da Nacións Unidas (UNODC).[3] A misión de Nadia é patrocinada e apoiado por Yazda: Organización Iézidi Internacional. Foi secuestrada e retida polo Estado islámico en agosto de 2014.[4] O 1 de xuño de 2017, regresou á súa aldea de casa de Kocho após tres anos.[5][6]

Infotaula de personaNadia Murad

Murad no 2017.
Nome orixinal(ar) نادية مراد Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1993
Kocho, Sinjar, Iraq
Embaixador da Boa Vontade (pt) Traducir
16 de setembro de 2016 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIraq Editar o valor em Wikidata
RelixiónYazidismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereitos humanos Editar o valor em Wikidata
OcupaciónActivista dos dereitos humanos
Período de actividade2014 Editar o valor em Wikidata -
LinguaÁrabe e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de maio de 2022World Economic Forum Annual Meeting 2022 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webnadiasinitiative.org Editar o valor em Wikidata
Facebook: NadiaMuradBasee Twitter: NadiaMuradBasee Instagram: nadia_murad Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Murad naceu na vila de Kocho, en Sinjar, Iraq. A súa familia, pertencente á minoría etno-relixiosa dos iézidis, era granxeira.[7]

Catividade editar

Con 19 anos, Murad era unha estudante da vila de Kocho, no norte de Iraq, cando soldados de Estado Islámico rodearon a comunidade iézidi asasinando a 600 persoas, incluíndo a seis irmáns de Nadia, e levando consigo ás mozas como escravas. Ese ano, Murad foi unha das máis de 6 700 mulleres iézidis que foron tomadas como prisioneiras polo Estado Islámico en Iraq.[8] Foi retida como escrava na cidade de Mosul, e foi golpeada, queimada con cigarros e violada cando tratou de escapar. Nadia foi finalmente quen de fuxir cando o seu raptor deixou a casa sen pechar.[9] Foi acollida por unha familia dos arredores que conseguiron levala fóra da área controlada polo Estados Islámico, permitíndolle chegar até un campo de refuxiados de Duhok, no norte de Iraq. No 2015, foi unha das 1000 mulleres e nenos que se beneficiaron do programa de refuxiados do Goberno de Baden-Württemberg, Alemaña, que se converteu no seu novo fogar.[10][11]

Notas editar

  1. "نادية مراد حكاية ضحية ام خطة مخفية". وكالة سكاي برس. 29 de decembro de 2015. 
  2. Khudida, Ahmed (18 de agosto de 2016). Yazda: A Global Yazidi Organization, ed. "A Statement by Nadia Murad and Yazda`s Communication Team on Nadia and Yazda Visit to Australia". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2016. Consultado o 17 de setembro de 2016. 
  3. del Campo, Carlos Gomez (16 de setembro de 2016). "Human trafficking survivor Nadia Murad named UNODC Goodwill Ambassador". United Nations Office on Drugs and Crime (UNODC). Consultado o 17 de setembro de 2016. 
  4. Westcott, Lucy (19 de marzo de 2016). Newsweek, ed. "ISIS sex slavery survivor on a mission to save Yazidi women and girls". Consultado o 22 de setembro de 2016. 
  5. Al Jazeera, ed. (2 de xuño de 2017). "Ex-captive of ISIL sheds tears on return to Iraq". 
  6. "Overcome with grief, Nadia Murad, ISIS survivor, returns to hometown". Rudaw. 1 de xuño 2017. 
  7. Murad Basee Taha, Nadia (16 de decembro de 2015). United Nations Television (UNTV), ed. "Nadia Murad Basee Taha (ISIL victim) on Trafficking of persons in situations of conflict - Security Council, 7585th meeting". Arquivado dende o orixinal (vídeo) o 26 de decembro de 2018. Consultado o 21 de setembor de 2016. 
  8. United Nations Television (UNTV), ed. (16 de setembro de 2016). "Appointment Ceremony of Ms. Nadia Murad Basee Taha As UNODC Goodwill Ambassador for the Dignity of Survivors of Human Trafficking on the Occasion of the International Day of Peace". Arquivado dende o orixinal (vídeo) o 26 de decembro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2016. 
  9. Alter, Charlotte (20 de decembro de 2015). "A Yezidi Woman Who Escaped ISIS Slavery Tells Her Story". Time Magazine. Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  10. Alter, Charlotte (20 de decembro de 2015). Time, ed. "Yezidi Girl Who Escaped Isis Sex Slavery: Please Help Us". Consultado o 19 de setembro de 2016. 
  11. Whyte, Lara (18 de febreiro de 2016). Broadly, ed. "'Every Part of Me Changed in Their Hands': A Former ISIS Sex Slave Speaks Out". Vice. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar