Nacionalismo racial

O nacionalismo racial é unha ideoloxía racista que defende unha definición racial da identidade nacional. O nacionalismo racial busca preservar a "pureza racial" dunha nación mediante políticas como prohibir as parellas interraciais e a inmigración doutras razas. Co obxectivo de crear unha xustificación para tales políticas, o nacionalismo racial a miúdo promove a euxenisia, e defende solucións políticas e lexislativas baseándose na euxenesia ou outras teorías raciais.[1]

O nacionalismo racial non debería ser confundido co nacionalismo étnico, segundo o cal as nacións están definidas por unha herdanza compartida, que polo xeral inclúe unha lingua común, unha fe común e unha ascendencia étnica común. Unha forma de transición entre nacionalismo racial e étnico é o nacionalismo Völkisch.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar