Nacionalismo aragonés

O nacionalismo aragonés é unha ideoloxía política que defende que Aragón ten historia, lingua, leis e cultura propios como para ter unha maior autonomía ou incluso un estado independente. Un dos símbolos máis empregados é a estrelada aragonesa, formada polas catro barras de Aragón e unha estrela vermella ó centro.

A estrelada aragonesa

Os principais partidos nacionalistas son Chunta Aragonesista, Puyalón (abertamente independentistas) e o Partido Aragonés (nacionalismo moderado), aínda que tamén houbo outros como Iniziatiba Aragonesa ou Estado Aragonés.

Historia editar

Dende o comezo do século XVIII, no que Aragón perde definitivamente a súa independencia política, a sensación dunha unidade nacional é considerada de diversos xeitos pola poboación aragonesa, aínda que en ningún intre déixanse de ter claras as características que forman o territorio e o pobo aragonés, froito da continuidade multisecular de Aragón como reino soberán.

Non obstante, non será até o século XX, en 1919, cando o nacionalismo aragonés xorde a partir das primeiras formulacións dun grupo de inmigrantes aragoneses en Barcelona,[1] os cales organizáronse arredor da Unión Aragonesista, a agrupación da Xuventude Aragonesista de Cataluña e a revista El Ebro. Esta última foi a principal referencia histórica onde se expuxo o primeiro discurso aragonesista, liderado por Gaspar Torrente e por Julio Calvo Alfaro.

Notas editar

  1. "Aragonesismo". Gran Enciclopedia Aragonesa. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2013. La emigración aragonesa, principalmente la de Barcelona, jugaría un papel importante en el aragonesismo, dentro del que consolidarían elementos claramente nacionalistas. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Forcadell Álvarez, Carlos (1998). "Las fantasías históricas del aragonesismo político". Nacionalismo e Historia. Zaragoza: 'Institución Fernando el Católico', Deputación de Zaragoza. ISBN 84-7820-467-9. . Consultable na rede: "Nacionalismo e Historia" (pdf). Consultado o 8 de novembro de 2011. 
  • "Aragonesismo". Gran Enciclopedia Aragonesa. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 3 de outubro de 2013. 
  • Torrente, Gaspar (1988). Edición propia, ed. Cien años de nacionalismo aragonés. Cuadernos de Cultura Aragonesa, nº 6. ISBN 978-84-404-3232-2.