Nacho Carretero

xornalista galego

Nacho Carretero Pou, nado na Coruña en 1981, é un xornalista galego.

Infotaula de personaNacho Carretero
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo, Escrita creativa e profesional, Reportaxe e literatura de non ficción Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , produtor , escritor , television journalist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEl País Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm9043231 Twitter: NachoCarretero Dialnet: 3470190 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a traballar en redaccións de varios medios e despois pasou a ser freelance para medios como JotDown[1], XL Semanal, Gatopardo ou El Mundo. Realizou reportaxes sobre o narcotráfico en Galicia, o xenocidio de Ruanda, o virus Ebola en África, a guerra de Siria, a Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia[2] ou o Deportivo da Coruña.

Do seu libro sobre o narcotráfico en Galicia, Fariña (2015), fíxose unha serie de televisión co mesmo nome (Fariña) estreada en Antena 3 o 28 de febreiro de 2018,[3] unha semana despois de que o libro sufrira un secuestro cautelar por orde da xuíza de Collado Villalba Alejandra Pontana, logo de que o exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar denunciase o autor por suposta vulneración do seu dereito á honra.[4] O libro colocouse no número un de vendas e a serie acadou unha grande audiencia.[5][6]

Obra editar

 
Presentación de Fariña en Bueu en 2018 con Fernando Miranda e Morris.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar