Nacha Pop é un grupo musical formado no medio da movida madrileña. Formado en 1978, tras desintegrarse Uhu Helicopter, por Antonio Vega Tallés e Nacho García Vega nas guitarras e as voces, Carlos Brooking no baixo e Ñete na batería.

Nacha Pop
OrixeMadrid, España Bandeira de España
Período1978 - 1988
2007 - 2009
Xénero(s)Pop rock
MembrosAntonio Vega
Nacho García Vega
Carlos Brooking
Ñete
Na rede
http://www.nachapop.net
Spotify: 1CdLG4i1rTEOsex2UE0jCH iTunes: 1525701 Musicbrainz: c3fd37fe-2f09-47a7-bae2-4b86f6d70f59 Songkick: 114852 Discogs: 957859 Allmusic: mn0000378001 Deezer: 4788 Editar o valor em Wikidata

En 1980 gravan o seu primeiro disco homónimo, producido por Teddy Bautista (Los Canarios) para Hispavox nos estudos da rúa Torrelaguna de Madrid. Este disco tiña auténticas perlas, entre elas "Chica de ayer" unha das mellores cancións do pop español de todos os tempos. Un segundo disco gravado en 1982 chamado "Buena disposición" e producido por eles mesmos, certifícaos como un dos grupos máis punteros do panorama nacional. Ademais, foron abreconcertos dos Ramones e Siouxsie & the Banshees, entre outros.

Asinan pola discográfica DRO (Discos Radioactivos Organizados), dirixida por Servando Carballar, produtor e compositor de Aviador Dro en 1983, o Lp "Más números, otras letras" que incluía cancións como "Luz de cruce" ou "Enganchado a una sinal de bus" e posteriormente un Maxi-Single con "Una décima de segundo", outra das perlas de Antonio Vega.

Volven cambiar de discográfica en 1985 fichando por Polydor e gravan "Dibujos Animados". Con este Lp, gravado nos estudos Polydor de Madrid conseguen o seu primeiro nº 1 en Los 40 principales con "Grite una noche", canción composta por Nacho. Ñete abandona o grupo por desavinzas co resto dos compoñentes ao introducir secuenciadores e caixas de ritmos na súa música.

Carlos Narea, afamado produtor de xente como Miguel Ríos e Hombres G entre outros, prodúcelles o disco "El Momento" (Polydor) en 1987 o cal contiña "Lucha de gigantes", "No se Acaban las Calles", "Lagrimas al Suelo", "Vistete" e "Persiguiendo Sombras". Gravouse en Londres, España, Suecia... Inclúe tamén "Puertas Abiertas".

En 1988 actúan na praza de touros de México, que é polo momento o único concerto dos madrileños en Latinoamérica. Ese mesmo ano preséntanse en Jácara Plató (Madrid) en dúas actuacións e gravan o seu disco en vivo "80-88", que serve como despedida do grupo e que se convertería no disco máis vendido da banda. Nacho e Carlos forman Rico, xunto a Fernando Illán, coñecido baixista e produtor musical; Rico grava tres discos e sepáranse. Antonio empeza unha carreira como solista na discográfica Paixón, pasando posteriormente a Polydor e Emi-Capitol.

A finais do 2004, edítase en DVD o último concerto da banda, que data de 1988. Tamén se reeditan en CD os discos "Dibujos Animados", "El Momento" (nunca antes editado en CD) e "80-88".

O 8 de maio de 2007 anuncian a súa xira de regreso, con concertos por España desde o 30 de xuño do 2007 (Avila) ao 26 de outubro 2007 (Madrid), coa banda formada por Antonio Vega e Nacho García Vega, con outros músicos cos que tocaron estes últimos anos.

Discografía editar

  • Nacha Pop (EMI-Hispavox, 1980)
  • Buena Disposición (EMI-Hispavox, 1982)
  • Más Números, Otras Letras (DRO, 1983)
  • Una Décima de Segundo (Maxi, DRO, 1984)
  • Dibujos Animados (Polydor, 1985)
  • El Momento (Polydor, 1987)
  • 80-88 (Polydor, 1988)
  • Bravo (1996) - editado só en México
  • Lo Mejor de Nacha Pop - Rico - Antonio Vega (1997)
  • Un Día Cualquiera: Colección de Canciones (2003)
  • Un Día Cualquiera: Visiones del Ayer (DVD 2003)
  • 80-88 (DVD 2004)