Na'Taki Osborne Jelks

Na'Taki Osborne Jelks, nada en Walnut Grove, é unha científica ambiental estadounidense. É profesora asistente de ciencias ambientais e da saúde en Spelman College e profesora visitante de saúde pública en Agnes Scott College. É coñecida polo seu activismo na xustiza ambiental e a sostibilidade urbana, polo que foi nomeada Campioa do Cambio pola Casa Branca en 2014.

Infotaula de personaNa'Taki Osborne Jelks

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoWalnut Grove (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade do Estado da Geórgia (pt) Traducir - Doutor en filosofía (–2016) Editar o valor em Wikidata
Director de teseChristine E. Stauber (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífica ambiental , emprendedora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSpelman College (en) Traducir, professor assistente (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: Na'Taki Osborne Jelks Twitter: urbanecologist Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Jelks naceu en Walnut Grove, Mississippi; a súa familia trasladouse posteriormente a Baton Rouge, Louisiana.[1] Obtivo un bacharelato universitario en ciencias no Spelman College, un máster de saúde pública en saúde ambiental e ocupacional na Universidade Emory, e un doutoramento na Escola de Saúde Pública da Universidade Estatal de Xeorxia.[2]

Conseguiu o seu doutoramento en 2016, pola tese titulada Combined Environmental and Social Stressors in Northwest Atlanta's Proctor Creek Watershed: An Exploration of Expert Data and Local Knowledge (en galego, Combinación de factores de tensión ambiental e social na conca de Proctor Creek do noroeste de Atlanta: Unha exploración de datos de expertos e coñecementos locais). A asesora de doutoramento de Jelk foi a científica estadounidense especializada en saúde ambiental Christine Stauber.[3] Os seus estudos céntranse na participación da comunidade para identificar os factores de tensión ambiental nas concas urbanas.[4][5]

En 2001, Jelks cofundó o Programa Atlanta Earth Tomorrow, un programa da Federación Nacional de Vida Silvestre que conecta aos mozos urbanos coa natureza, o compromiso cívico e o desenvolvemento do liderado.[1] Ademais, é a presidenta da xunta de West Atlanta Watershed Alliance, unha organización que axudou a fundar.[6]

É a copresidenta do Proctor Creek Stewardship Council, unha organización de base centrada na restauración da saúde ecolóxica da conca de Proctor Creek no Oeste de Atlanta. Tamén forma parte da Xunta Directiva da Asociación de Ciencia Cidadá.

En 2018, Jelks foi nomeada membro do Comité Asesor Nacional de Xustiza Ambiental (NEJAC) da Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos. Ademais, é a xerente dos Programas de Desenvolvemento Comunitario e de Liderado da Federación Nacional de Vida Silvestre.[7]

O activismo ambiental de Jelks apareceu na revista People e no diario The New York Times.[8][9]

Recoñecementos editar

  • 2014: Campións do cambio da Casa Branca.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Thompson, Sarah (21 de outubro de 2016). "Chapter Six: An Ecologically Beloved Community (An Interview with Na'Taki Osborne Jelks". En Myers. Watershed Discipleship: Reinhabiting Bioregional Faith and Practice. Wipf and Stock Publishers. pp. 102–120. ISBN 978-1-4982-8077-8. 
  2. "Faculty Profile | Na'Taki Osborne Jelks, PhD, C'95". Spelman College. Consultado o 26 de xuño de 2020. 
  3. Jelks, Na'Taki (2016-05-13). "Combined Environmental and Social Stressors in Northwest Atlanta's Proctor Creek Watershed: An Exploration of Expert Data and Local Knowledge". Consultado o 2021-04-20. 
  4. Osborne Jelks, Na’Taki; Hawthorne, Timothy L.; Dai, Dajun; Fuller, Christina H.; Stauber, Christine (2018). "Mapping the Hidden Hazards: Community-Led Spatial Data Collection of Street-Level Environmental Stressors in a Degraded, Urban Watershed" (en inglés) 15 (4): 825. PMC 5923867. PMID 29690570. doi:10.3390/ijerph15040825. 
  5. Jennings, Viniece; Baptiste, April Karen; Osborne Jelks, Na’Taki; Skeete, Renée (2017). "Urban Green Space and the Pursuit of Health Equity in Parts of the United States" (en inglés) 14 (11): 1432. doi:10.3390/ijerph14111432. 
  6. "West Atlanta Watershed Alliance". Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  7. "Na'Taki Osborne Jelks | Environmental Leadership Program" (en inglés). Consultado o 2020-06-12. [Ligazón morta]
  8. Keating, Caitlin (2020-04-16). "Activist Whose Mom Got Sick in 'Cancer Alley' Fights for 'Healthy Environments' for All" (en inglés). Consultado o 2020-06-12. 
  9. Toney, Heather McTeer (2019-07-25). "Opinion | Black Women Are Leaders in the Climate Movement" (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-06-10. 
  10. "Na'taki Osborne Jelks" (en inglés). Consultado o 2020-06-10.