NOFX é unha banda estadounidense de punk rock procedente dos Ánxeles (California), mudada posteriormente a San Francisco.

NOFX
OrixeOs Ánxeles, California,
Período1983 - presente
Xénero(s)punk rock, skate punk, ska punk, hardcore melódico, hardcore punk
Selo(s) discográfico(s)Mystic, Epitaph, Fat Wreck Chords
MembrosFat Mike
El Hefe
Eric Melvin
Erik Sandin
Antigos membrosScott Sellers
Scott Aldahl
Dave Allen
Dave Casillas
Steve Kidwiller
Na rede
nofxofficialwebsite
IMDB: nm1797147 Facebook: NOFX Twitter: nofxofficial Instagram: nofx MySpace: nofx Youtube: UCLOMDtSVuVeQJrd0Cq2tGAA Bandcamp: nofxSouncloud: nofx-official Spotify: 4S2yOnmsWW97dT87yVoaSZ iTunes: 2819846 Last fm: NoFX Musicbrainz: dcaa4f81-bfb7-44eb-8594-4e74f004b6e4 Songkick: 214756 Discogs: 253281 Allmusic: mn0000317545 Deezer: 941 Genius: Nofx Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A banda formárona en 1983 o vocalista/baixista Fat Mike e o guitarrista Eric Melvin. O batería Erik Sandin uniríase a NOFX pouco despois. En 1991 El Hefe entraría no grupo para tocar a guitarra solista e a trompeta. A banda fíxose famosa co seu álbum Punk in Drublic (1994), que sería certificado ouro, e é na actualidade considerado un álbum clásico de punk para os seareiros e críticos. O éxito de NOFX entre o gran público levou a un crecente interese polo punk rock durante os anos 90, grazas tamén a bandas californianas como Pennywise, Rancid, Bad Religion, Green Day, The Offspring e Sublime. A diferenza dalgúns destes grupos, porén, NOFX nunca asinaría cun gran selo discográfico.

NOFX leva editados once álbums de estudio, quince EPs e un feixe de sinxelos. A banda vendeu ao redor dos 6 millóns de discos en todo o mundo, sendo un dos grupos independentes máis exitosos de todos os tempos. A banda tamén ten o seu propio programa na canle Fuse TV, titulado NOFX: Backstage Passport.

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Álbum Ano Selo
Liberal Animation 1988 Wassail, Epitaph
S&M Airlines 1989 Epitaph
Ribbed 1991 Epitaph
White Trash, Two Heebs and a Bean 1992 Epitaph
Punk in Drublic 1994 Epitaph
Heavy Petting Zoo 1996 Epitaph
So Long and Thanks for All the Shoes 1997 Epitaph
Pump Up the Valuum 2000 Epitaph
The War on Errorism 2003 Fat Wreck Chords
Wolves in Wolves' Clothing 2006 Fat Wreck Chords
Coaster 2009 Fat Wreck Chords
Self Entitled 2012 Fat Wreck Chords
First Ditch Effort 2016 Fat Wreck Chords
Single Album 2021 Fat Wreck Chords
Double Album 2016 Fat Wreck Chords

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar