Nós Televisión

canle de televisión galega

Nós Televisión, antigamente Canal Deza e DEZTV, é unha canle de televisión galega impulsada por Isidro Barco e Diego Frey.[2]

Nós Televisión
Inicio das emisións 2013[1]
Fundado por Isidro Barco, Diego Frey
Propiedade de Nós Televisión S.L.
Formato da imaxe HDTV 16:9
Slogan Unha televisión aberta á cidadanía
País Galicia Galicia
Lingua Galego
Área de emisión Galicia
Sede central O Milladoiro (Ames)
Nome(s) anterior(es) Canal Deza, DEZTV
Dispoñibilidade
Cable
R Dial 119

Na rede
Nós Televisión
Facebook: NosTelevision Twitter: NosTelevision Youtube: UC7E39RyOqx_UkouqoZYJ8Rw Editar o valor em Wikidata
Redacción de Nós Televisión no Milladoiro.

Traxectoria editar

Comezou a emitir a través da Televisión dixital terrestre nas comarcas de Tabeirós - Terra de Montes, Deza, Arzúa, Terra de Melide, Ordes e Santiago pasando o día 14 de marzo de 2019 a facelo exclusivamente a través da canle 119 da plataforma de televisión de pagamento de R.[3]

Esta mudanza está dentro do seu proceso de expansión a toda Galicia[4][5], pasando de ser unha canle local para cubrir todo o territorio galego e inaugurando unha nova etapa con programas realizados en colaboración coas editoriais Kalandraka[6] e Galaxia[7] ou coa Real Academia Galega, así como co informativo diario Espazo Aberto.[8]

O 28 de xuño de 2016 emitiu en directo o debate especial Rabela de carballo, con entrevistas a escritoras, xornalistas, comerciantes, artistas e docentes e alumnado de distintos centros de ensino galegos para tentar facer unha radiografía da lingua galega.[9][10]

O 22 de decembro de 2016 produciu o debate arredor do feminismo "A nación das mulleres. Do teito de cristal ao cantil de cristal", organizado xunto á revista Luzes no complexo cultural Matadoiro Compostela e que reuniu catro mulleres políticas do momento: Alexandra Fernández, Ana Pontón, Carmela Silva e Marta Lois.[11]

Alén de emisora, tamén é produtora de documentais. Algúns deles son Véndese litoral. A Coruña deféndese (2018) e Redes contra a política do espolio (2019), ambos dirixidos por Xosé Bocixa, Un país de cinzas (2018), de Galiza Contrainfo,[12] e San Finx 1960 (2019), de Irene Pin.[13]

Programas editar

 
Imaxe corporativa
  • Espazo Aberto: programa informativo diario
  • A cámara branca: programa de entrevistas
  • KalandrakaTv: novidades editoriais e crítica literaria
  • Universo Galaxia: novidades editoriais e crítica literaria
  • Rede galega de videoblogues: vídeos curtos de opinión

Notas editar

  1. "Comienza sus emisiones el canal Nós Tv". La Voz de Galicia. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  2. "Nace Nós TV unha televisión para o corazón de Galicia" Praza Pública.
  3. Espazo Aberto, o primeiro programa da nova etapa de Nós Televisión (Nós Televisión). 14/03/2019. Escena en 11:39. «Desde o luns 19 de marzo, Nós Televisión deixará de emitirse a través da Televisión Dixital Terrestre como viña facendo nos últimos anos» 
  4. "Area de influencia". Consultado o 10 de setembro de 2016. 
  5. "Unha televisión aberta á cidadanía". Nós Televisión. Consultado o 24 de maio de 2018. 
  6. Editora, Kalandraka (2019-03-15). "@NosTelevision e @kalandrakatv tecen sinerxias na difusión de contidos #engalego relacionados coa #literaturainfantil e xuvenil. Mañá sábado ás 16:30h comeza a emisión de vídeos de #KalandrakaTv na grella de #NosTelevision, que tamén se pode sintonizar no dial 119 de @os_de_Rpic.twitter.com/JUVhU3y2dW". @KalandrakaEdit. Consultado o 2019-03-18. 
  7. "Universo Galaxia". Nós Televisión. Consultado o 2019-03-18. 
  8. "Nós Televisión chega a toda Galicia a través da plataforma R". Nós Televisión. 2019-03-11. Consultado o 2019-03-18. 
  9. "Rabela: especial pola lingua". Nós Televisión. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2017. Consultado o 2019-03-18. 
  10. Redacción (2016-06-16). "28 de xuño: programa especial sobre lingua". Nós Televisión. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-03-18. 
  11. "A nación das mulleres: do teito de cristal ao cantil de cristal". Matadoiro Compostela. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2018. 
  12. "Documental". Nós Televisión. Consultado o 2019-03-18. 
  13. "San Finx 1960". Nós Televisión. 2019-04-03. Consultado o 2019-04-04. 

Véxase tamén editar