Nándor Hidegkuti

futbolista húngaro

Nándor Hidegkuti, nado o 3 de marzo de 1922, e finado o 14 de febreiro de 2002, foi un futbolista húngaro.

Nándor Hidegkuti
e
Información persoal
Nacemento 3 de marzo de 1922
Lugar de nacemento Budapest
Falecemento 14 de febreiro de 2002
Lugar de falecemento Budapest
Altura 176 centímetros
Posición dianteiro, dianteira
Na rede
FIFA: 174603 Find a Grave: 18681120 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Hidegkuti xogou nunha posición revolucionaria para o seu tempo, como dianteiro centro atrasado, o que hoxe se chama comunmente mediapunta. Esta idea, propia do adestrador nacional húngaro Gusztáv Sebes facía tolear aos defensas que o marcaban, nunha época na cal as posicións dos xogadores no campo acostumaban a ficar sempre invariábeis.

É coñecido polo seu hat-trick á Inglaterra na famosa vitoria húngara por 6-3. En total, coa selección xogou 69 encontros e anotou 39 goles. Ó longo deses anos, tomou parte nas xestas do Equipo d'Ouro, coma o subcampionato do Mundial de 1954 e o Ouro Olímpico en 1952.

En canto á súa carreira nos clubs, estivo 14 anos no MTK, gañando 3 campionatos, en 1951, 1953 e 1958. Xa de adestrador, levou á Fiorentina ao título da Recopa de Europa de fútbol en 1961. Despois desfrutou dunha exitosa carreira como adestrador en Exipto.