Mytishchi Arena

pavillón deportivo da cidade de Mytishchi (Rusia)

O Mytishchi Arena (en ruso Арена Мытищи) é un pavillón deportivo da cidade de Mytishchi (Rusia), a 5 km de Moscova. Foi inaugurado en 2006 e ten capacidade para 7.000 espectadores. Neste pavillón xoga os seus partidos como local o equipo de hóckey sobre xeo Atlant Moscow Oblast, pertencente á Kontinental Hockey League (KHL).

Mytishchi Arena
Арена Мытищи
Mytishchi Arena
Datos
LocalizaciónMytishchi, Rusia
Construción
Inauguración2006
Estadio
Capacidade7.000 espectadores
LocalíaAtlant Moscow Oblast (KHL)
Eventos

Foi, xunto co Khodynka Arena, sede do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2007 entre o 27 de abril e o 13 de maio de 2007.[1]. Os grupos B e C da compétition xogaron os seus partidos neste pavillón, así como a meirande parte dos partidos descenso, mentres que o resto dos partidos disputáronse no Khodynka Arena.

Notas editar

  1. Artigo no sitio web oficial da IIHF Arquivado 11 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar