Mytilus trossulus

especie de molusco

Mytilus trossulus, é un bivalvo mariño comestible de tamaño medio da familia Mytilidae.

Mytilus trossulus é un dos tres taxóns principais e estreitamente relacionados no complexo Mytilus edulis, que están amplamente distribuídos nas costas temperadas ata o subártico do hemisferio norte, e adoita ser habitante dominante en substratos duros dos hábitats intermareal e costeiro.

Distribución editar

Mytilus trossulus é o principal mexillón intermareal nativo no Pacífico Norte. En América do Norte atópase desde California ata Alasca, e en Asia dende Hokkaido cara ao norte. Nos seus límites meridionais, hibrida con Mytilus galloprovincialis, que foi introducido no Pacífico pola actividade humana.[1]

No Atlántico norte, M. trossulus atópase na costa estadounidense de Maine e ao norte cara ao Canadá,[1] así como en localidades dispersas nas costas do norte de Europa.[2] Nestas rexións a miúdo convive e hibrida con Mytilus edulis. Todo o mar Báltico está habitado por unha peculiar poboación de Mytilus trossulus, que amosa unha introgresión xenética de M. edulis e cuxo ADN mitocondrial foi substituído por ADN mitocondrial de M. edulis.[2]

No Ártico, Mytilus trossulus atópase no noroeste de Groenlandia, onde se atopan espallados na zona intermareal entre 71° N e 77°.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 McDonald JH, Seed R, Koehn RK (1991) Allozyme and morphometric characters of three species of Mytilus in the northern and southern hemispheres. Marine Biology 111:323–335.
  2. 2,0 2,1 Vainola R, Strelkov P (2011) Mytilus trossulus in Northern Europe Marine Biology 158: 817-833.
  3. Mathiesen, Sofie Smedegaard; Thyrring, Jakob; Hemmer-Hansen, Jakob; Berge, Jørgen; Sukhotin, Alexey; Leopold, Peter; Bekaert, Michaël; Sejr, Mikael Kristian; Nielsen, Einar Eg (Agosto de 2016). "Genetic diversity and connectivity within spp. in the subarctic and Arctic". Evolutionary Applications 10 (1): 39–55. PMC 5192891. PMID 28035234. doi:10.1111/eva.12415.