Muy Interesante é unha revista mensual de divulgación e ciencia popular, creada e publicada polo Grupo G+J España.

Muy Interesante
PaísEspaña
Lingualingua castelá
Fundación1981
Circulación
ISSN1130-4081
Na rede
https://www.muyinteresante.com e http://muyinteresante.newsstand.com/
Twitter: muyinteresante Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os seus contidos abranguen desde as ciencias biomédicas, a tecnoloxía e a astrofísica ata a psicoloxía, a prospectiva e a historia. A publicación caracterízase pola riqueza visual, fotográfica e infográfica, así como por un estilo xornalístico e divulgativo moi accesible a calquera lector. Os seus lemas son A revista para saber máis de todo e Moi interesante: entretemento intelixente.

Historia editar

Muy Interesante foi fundada en maio de 1981. En 2005 a súa venda media mensual era de 258.297 exemplares, certificados pola Oficina de Xustificación da Difusión (OXD). A súa audiencia sitúase en 2.120.000 lectores, segundo datos de 2005 do Estudo Xeral de Medios (EXM). Estes datos sitúana coma a revista española líder deste segmento de publicacións, ademais da máis veterana.

O seu primeiro director foi Juan Caño, ata 1986. Sucedeulle Manuel Velasco, ata 1989. Desde aquela, diríxea José Pardina. Entre as súas sinaturas e colaboradores máis coñecidos atópanse Juan Luis Arsuaga, Manuel Toharia, Enrique Coperías, Miguel Angel Sabadell, Antonio Muñoz Molina, Ramón Núñez Centella, Jesús Marchamalo, César Vidal, Jorge Alcalde, María José Casado, Eulalia Sacristán, José Angel Martos, Angela Swafford, Vicente Fernández de Bobadilla, Abraham Alonso, Alberto Porlan e Vladimir de Semir.

Nos seus primeiros anos, tamén escribiron nas súas páxinas Celso Collazo, Carl Sagan, Isaac Asimov e Paul Davies, científicos e divulgadores que a revista contribuíu a popularizar en España.

Na década dos anos 80, Muy Interesante foi a primeira revista española que incluíu unha holografía na súa portada, e tamén a primeira que publicou, en 1985, un anuncio cun chip sonoro musical (IBM).

Ramificacións editar

O éxito comercial e de audiencia de Muy Interesante no mercado español impulsou o desenvolvemento de diversas extensións da marca: Muy Junior, unha revista mensual de ciencia para nenos de 6 a 11 anos; e Muy Historia, monográficos bimensuais de divulgación histórica escritos por especialistas. Tamén Muy Extra, sen unha periodicidade determinada. En 2005 cesou a publicación de Muy Especial, monográficos trimestrais de temática variada (Ciencia, Evolución, Economía, Automóbiles, Cine, Deportes etc.).

Internacionalmente, Muy Interesante tamén se edita baixo licenza en México (Editorial Televisa); Arxentina (Editorial García Ferré), Colombia (Editorial Cinco); como Super Interessante no Brasil (Editoral Abril, 1987) e Portugal (Edimpresa Editora, 1998).

Logros editar

A revista obtivo importantes recoñecementos xornalísticos e científicos ó longo da súa historia: desde o Premio nacional de xornalismo científico outorgado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (1990), o Premio de Xornalismo de Innovación e Saúde Boehringer Ingelheim ou o Prisma da Casa das Ciencias da Coruña á mellor revista de ciencia popular.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar