Mutilación xenital

A mutilación xenital consiste en calquera tipo de procedemento que supoña a lesión dos xenitais externos ou a súa extirpación parcial ou total por motivos alleos ás necesidades médicas e sen ter en conta o parecer da persoa á que se lle practica.

As razóns para levar a cabo a mutilación xenital adoitan ser de tipo cultural ou social. Para a maioría das culturas nas que se practica, a principal razón para a mutilación xenital feminina é a crenza de que é necesaria para conseguir un bo casamento.[1]

Ámbito xeográfico editar

En todo o mundo, máis de 200 millóns de nenas e mulleres padeceron algún tipo de mutilación xenital. En África máis de 125 millóns de nenas maiores de 10 anos foron vítimas de mutilación xenital. África Occidental é a rexión con maior incidencia desta práctica, onde o número de vítimas supera o 85% das mulleres de entre 15 e 45 anos.[2]

En América existe tamén esta tradición entre o pobo emberá chamí, que se estende entre zonas de Ecuador, Colombia e Panamá. Calcúlase que aínda se realiza a dúas de cada cinco nenas.[3]

Clasificación editar

Tipos de mutilación xenital feminina editar

En 1995 a OMS establece catro tipos de mutilación xenital feminina, que son os seguintes:[4]

  • Tipo I: Resección parcial ou total do clítoris e/ou do prepucio (clitoridotomía). Na cultura islámica recoñécese como unha sunna (tradición) e adoita equipararse á circuncisión masculina.
  • Tipo II: Resección parcial ou total do clítoris e labios menores, que pode incluír o corte dos labios maiores (escisión).
  • Tipo III: Estreitamento da abertura vaxinal mediante o corte e a recolocación dos labios menores ou maiores, con ou sen resección do clítoris (infibulación ou circuncisión faraónica). Déixanse dous pequenos orificios para a saída da urina e do sangue menstrual.
  • Tipo IV: Todos os demais procedementos lesivos dos xenitais externos con fins non médicos, tales como a perforación, a incisión, o raspado, a cauterización ou a introdución de substancias corrosivas na zona xenital.

Notas editar

  1. UNFPA (decembro 2015). "Preguntas frecuentes sobre la mutilación genital femenina". unfpa.org. Consultado o 04/01/2018. (en castelán)
  2. "Mutilación genital femenina". plan-international.es. Consultado o 04/01/2018. (en castelán)
  3. Bellani, Orsetta (19/09/2016). "La desconocida realidad de la mutilación genital femenina en América Latina". publico.es. Consultado o 04/01/2018. (en castelán)
  4. AAVV (abril 2016). Servizo Central de Publicacións do Goberno Vasco, ed. "Mutilación genital femenina. Guía de actuaciones recomendadas en el sistema sanitario de Euskadi" (PDF). euskadi.eus. Consultado o 04/01/2018. (en castelán)

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.