O Museo do Ouro do Banco da República de Colombia é unha institución que contén pezas de ourivaría e olaría de culturas indíxenas do período precolombiano. Atópase no centro histórico da cidade de Bogotá.

Museo do Ouro
Museo do Ouro de Bogotá.
CoordenadasCoordenadas: 4°36′07″N 74°04′19″O / 4.6019194444444, -74.072
País Colombia
CidadeBogotá
TipoMuseo de Arqueoloxía
DirectorMaría Alicia Uribe Villegas
Construción1938
Inauguración22 de decembro de 1939
Visitantes500 000
Na rede
http://www.banrep.gov.co/museo/eng/home.htm e http://www.banrepcultural.org/museo-del-oro
Instagram: museodeloro Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Posúe a meirande colección de ourivaría prehispánica do mundo con arredor de trinta e catro mil pezas de ouro e tumbaga, preto de vinte e cinco mil obxectos en cerámica, pedra, cuncha, ósos e téxtiles.[1] Expón pezas de diferentes culturas indíxenas asentadas na actual Colombia antes da chegada dos conquistadores españois, entre as que destacan a calima, a muisca, a Nariño, a quimbaya, a zenú, a tairona, a San Agustín, a Tierradentro, a Tolima, entre outras cousas.[2]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Plaza de Nieto, Clemencia y Falchetti, de Saenz, Ana María (1981): El Oro de Colombia. Banco Central de Venezuela Caracas. 78p.
  2. banrepcultural.org (ed.). "Museo do Ouro no Banco da República" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar