Museo Guggenheim (Nova York)

Coordenadas: 40°46′59″N 73°57′32″O / 40.783055555556, -73.958888888889

O Museo Guggenheim de Nova York (en inglés Solomon R. Guggenheim Museum) é o primeiro museo creado pola Fundación Solomon R. Guggenheim, dedicado á arte moderna. Foi fundado en 1937 no Upper East Side de Nova York. Orixinalmente chamouse Museo da Pintura Non Obxectiva e foi fundado para exhibir arte de vangarda por artistas modernos iniciais como Kandinski e Mondrian .

Museo Guggenheim (Nova York)
Vista da entrada
Na rede
https://www.guggenheim.org/
Facebook: guggenheimmuseum Twitter: guggenheim Instagram: guggenheim Youtube: UChrvkZPNMeC6nwMzoD6Gj6w Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
O Museo nunha vista que mira ao Leste desde o encoro de Central Park

En 1959 trasladouse á súa situación actual (fronte a Central Park ), cando rematou o edificio deseñado polo arquitecto Frank Lloyd Wright. O Guggenheim non sabía a quen escoller como arquitecto para o museo, polo que pediu á baronesa Hilla von Rebay que elixise a alguén. Elixiu a Wright porque era o arquitecto máis famosa da época. O edificio en si converteuse nunha obra de arte.

O edificio editar

 
O edificio en construción

Desde a rúa, o edificio semella unha cinta branca enrolada en forma cilíndrica, lixeiramente máis ancha na parte superior que na base. Internamente, as galerías forman unha espiral . Así, o visitante ve as obras mentres camiña pola rampla helicoidal, coma facendo un paseo..


De 1983 a 1992 ampliouse, baixo o estudo do arquitecto Charles Gwathmey [1][2] completándoo cunha torre rectangular anexa, máis alta que a espiral orixinal. Esta modificación do deseño orixinal de Wright xerou unha forte controversia.

Fotogalería editar

Vistas exteriores editar

Interior editar

Centro Sackler de Educación Artística e Teatro editar

Cúpula de vidro editar


Notas editar

  1. Article sobre Gwathmey a PlataformaArquitectura (en castelán)
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2013. Consultado o 02 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

  • Lista de museos e institucións culturais de Nova York

Ligazóns externas editar