Mundial de Fútbol de 1978

evento futbolístico internacional cuatrianual

A Copa Mundial da FIFA 1978 foi a edición número once do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte.[1] O torneo, organizado pola Arxentina, disputouse no mes de xuño de 1978, entre os días 1 e 25. A campioa foi a selección anfitrioa, que bateu por 1 a 3 aos Países Baixos na final, conseguindo así o seu primeiro título.[2]

Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 1978
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor em Wikidata
MascotaGauchito (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor em Wikidata
Composto por
Número de participantes16 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónEstádio José María Minella (pt) Traducir (General Pueyrredón (pt) Traducir)
Estádio José Amalfitani (pt) Traducir (Buenos Aires)
Estadio Monumental Antonio Vespucio Liberti (Buenos Aires)
Estádio Gigante de Arroyito (pt) Traducir (Rosario (departamento) (pt) Traducir)
Estadio Malvinas Argentinas (Provincia de Mendoza)
Estádio Mario Alberto Kempes (pt) Traducir (Provincia de Córdoba) Editar o valor em Wikidata
PaísArxentina Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo1 de xuño de 1978 – 25 de xuño de 1978 Editar o valor em Wikidata
Número de edición11  (1978) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoArxentina Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos38 Editar o valor em Wikidata
Goles102 Editar o valor em Wikidata
GolMario Alberto KempesArxentina (6) Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores1.546.151 Editar o valor em Wikidata

Daniel Passarella

Sedes editar

En 1972 preseleccionáronse oito subsedes, que resultaron ser as que se constituíron en sedes en 1978, ademais de La Plata e Tucumán, que foron rexeitadas. A cidade de La Plata prometera un "estadio único", pero para 1974 a súa candidatura foi descartada por liortas internas; de feito, o Estadio Ciudad de La Plata non se rematou ata 2003. No caso de Tucumán, prometérase un ambicioso estadio de 70.000 espectadores en Horco Molle, de formas similares ao actual estadio do Racing Club de Avellaneda, co teito incluído; en 1974, a subsede de Tucumán foi "conxelada" e en 1975 descartouse definitivamente, por mor da intensidade das accións da guerrilla e dos grupos armados na provincia.

Finalmente, as cidades elixidas para xogar os partidos do Mundial foron: Buenos Aires, Rosario, Córdoba, Mar del Plata e Mendoza. Para isto investiuse en mellorar a infraestrutura dos estadios existentes e na construción de tres nvos estadios consonte as esixencias da FIFA. Remodeláronse o Monumental e o José Amalfitani en Buenos Aires, e o Gigante de Arroyito en Rosario.​ Construíronse os estadios Chateau Carreras (posteriormente rebautizado Mario Alberto Kempes), Ciudad de Mendoza e José María Minella.

Equipos participantes editar

Para fase final do torneo clasificáronse 16 das 103 seleccións que participaron na etapa clasificatoria: tres pola Conmebol (contando a Arxentina, que se clasificou directamente por ser o anfitrión), nove pola UEFA, un pola CAF, un pola CONCACAF e un pola AFC e a OFC. Destes 16, dous eran debutantes na competición: Irán e Tunisia.

Sorteo e grupos editar

O 14 de xaneiro de 1978 realizouse o sorteo no Centro Cultural General San Martín. Para isto determináronse catro cabezas de serie (as seleccións da Arxentina, Brasil, Alemaña Federal e os Países Baixos) para se distribuír en catro grupos:​ Arxentina no grupo 1, Alemaña Federal no grupo 2, Brasil no grupo 3 e os Países Baixos no 4.[3]

Bombo 1 Bombo 2 Bombo 3 Bombo 4

Resultados editar

Fase de grupos editar

Grupo 1 editar

Seleccións Pts X G E P GF GC DG
  Italia 6 3 3 0 0 6 2 +4
  Arxentina 4 3 2 0 1 4 3 +1
  Francia 2 3 1 0 2 5 5 0
  Hungría 0 3 0 0 3 3 8 -5

Grupo 2 editar

Seleccións Pts X G E P GF GC DG
  Polonia 5 3 2 1 0 4 1 +3
  Alemaña Federal 4 3 1 2 0 6 0 +6
  Tunisia 3 3 1 1 1 3 2 +1
  México 0 3 0 0 3 2 12 -10

Grupo 3 editar

Seleccións Pts X G E P GF GC DG
  Austria 4 3 2 0 1 3 2 +1
  Brasil 4 3 1 2 0 2 1 +1
  España 3 3 1 1 1 2 2 0
  Suecia 1 3 0 1 2 1 3 -2

Grupo 4 editar

Seleccións Pts X G E P GF GC DG
  Perú 5 3 2 1 0 7 2 +5
  Países Baixos 3 3 1 1 1 5 3 +2
  Escocia 3 3 1 1 1 5 6 -1
  Irán 1 3 0 1 2 2 8 -6

Segunda rolda editar

Grupo A editar

Seleccións Pts X G E P GF GC DG
  Países Baixos 5 3 2 1 0 9 4 +5
  Italia 3 3 1 1 1 2 2 0
  Alemaña Federal 2 3 0 2 1 4 5 -1
  Austria 2 3 1 0 2 4 8 -4

Grupo B editar

Seleccións Pts X G E P GF GC DG
  Arxentina 5 3 2 1 0 8 0 +8
  Brasil 5 3 2 1 0 6 1 +5
  Polonia 2 3 1 0 2 2 5 -3
  Perú 0 3 0 0 3 0 10 -10

Terceiro posto editar

24. Xuño 1978, 15 Hueras en Buenos Aires
  Brasil -   Italia 2:1 (0:1)

Final editar

25. Xuño 1978, 15 Hueras en Buenos Aires
  Países Baixos -   Arxentina 1:3 (a.e.t.) (1:1, 0:2)

Notas editar

  1. "FIFA World Cup. Host Announcement Decision Arquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". FIFA. (En inglés)
  2. "A 30 años del oscuro mundial Argentina '78". En DiarioUno.com.ar. 31 de maio de 2008. (En castelán)
  3. "Historia del sorteo final de la Copa Mundial de la FIFA Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine.". (En castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar