Unha multinacional,[1] ou unha empresa multinacional, é unha empresa de grande dimensión (en feito en forma de grupo de empresas) implantada en numerosos países polo nesgo de moi numerosas filiais, obrando ou ben sobre unha zona xeográfica determinada, ou ben sobre o mundo enteiro. As empresas multinacionais realizan as súas actividades mercantís tanto de venda e compra como de produción en países diferentes. O conxunto das actividades dunha multinacional, mesmo os máis estratéxicos, pode ser desprazado por cuestións de custo ou de estratexia ou aínda pola xestión ou contabilidade. É así a miúdo vantaxoso producir alí onde a man de obra é remunerada máis debilmente - a condición de que se mostre suficientemente produtiva, de vender sobre os mercados os máis rendibles, e de buscar unha tributación menor. Estas empresas caracterízanse polo emprego de traballadores tanto do país de orixe como do país no que se estableceron.

O seu poder de negociación é moi forte e a súa importancia na economía mundial incrementouse co proceso de reestruturación económica e da globalización. A súa filosofía ten un concepto global, manteñen un punto de vista mundial nos seus negocios sobre os mercados (clientes), servizos e produtos, baixo o cal conciben ao mundo como o seu mercado obxectivo.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para multinacional.

 
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.