No mundo das redes de computadores, as transmisións multicast son as que se fan entre un equipo e un conxunto de equipos do resto da rede.[1]

A transmisión multicast prodúcese entre un equipo orixe e varios (non todos) os do resto da rede.

As transmisións multicast úsanse para enviar datos a grupos concretos de equipos da rede, tipicamente emisións de vídeo ou son, que ocupan un ancho de banda apreciable e que colapsaría a rede se fosen transmitidas en forma de broadcast. As emisións multicast chegan só aos equipos que pertencen ao grupo ao que vai dirixido a transmisión, coa particularidade de que é elección do equipo pertencer a algún grupo multicast ou non pertencer a ningún, a diferenza do broadcasting, no que as transmisións chegan a tódolos equipos da rede de maneira indiscriminada. En IP existe un grupo especial de enderezos (enderezos de clase D) usados para crear grupos multicast.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Gorry Fairhurst (10 de marzo de 2009). Electronics Research Group, ed. "Unicast" (en inglés). Consultado o 13 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar