Mula é un municipio do noroeste da Rexión de Murcia, en España. É a capital da comarca do Río Mula. É famosa polas Festas do Neno Xesús de Mula e a Tamborada.

Modelo:Xeografía políticaMula, Murcia
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°02′31″N 1°29′27″O / 38.0419, -1.4907Coordenadas: 38°02′31″N 1°29′27″O / 38.0419, -1.4907
EstadoEspaña
Comunidade autónomaRexión de Murcia Editar o valor em Wikidata
CapitalMula (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación17.382 (2023) Editar o valor em Wikidata (27,44 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie633,38 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude313 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJose Iborra Ibañez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal30170 Editar o valor em Wikidata
Código INE30029 Editar o valor em Wikidata

Sitio webmula.es Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Localidades limítrofes editar

Limita:

O municipio de Prego está rodeado completamente polo de Mula.

Economía editar

A economía de Mula susténtase principalmente de explotacións agrícolas (arborado de secaño) e algunhas explotacións gandeiras. A industria manufacturera en Mula ten o seu maior investimento no sector da alimentación e das bebidas.

Hai no termo municipal un polígono industrial denominado El Arreaque inaugurado en 2004.

Administración editar

Lista de alcaldes editar

Lexislatura Nome Grupo
1979-1983 Antonio Hernández Cava UCD
1983-1987 Bibiano Imbernón García PSOE
1987-1991 Bibiano Imbernón García PSOE
1991-1995 Bibiano Imbernón García PSOE
1995-1999 José Iborra Partido Popular
1999-2003 José Iborra Partido Popular
2003-2007 José Iborra Partido Popular
2007- Diego Cervantes PSOE

Monumentos editar

Parroquia de San Miguel
 
Parroquia de San Miguel.

Na praza do concello de Mula atópase a Parroquia, que coa súa torre e a próxima torre do reloxo forman un conxunto monumental.

A igrexa ten planta de cruz latina e nas naves do cruceiro están as capelas máis importantes, á dereita a do Marques dos Vélez e á esquerda a de San Felipe.

Esta parroquia conta cun museo de pintura realizado pola doazón de Pilar de la Canal viúva de Pedro Luis Blaya en 1940. Entre os pintores máis destacados están Ribeira, Mengs, Joaquín Campos,[Cómpre referencia] todos estes cadros estiveron nun museo parroquial dos anos 50 fundado polo sacerdote Esteban Monreal e Monreal.

Outros monumentos relixiosos son o Real Mosteiro da Encarnación, de monxas clarisas, a Parroquia de Santo Domingo de Guzmán, a Ermida da nosa Señora do Carmen, ou a Igrexa da Purísima Concepción, integrada no Convento de San Francisco.

Castelo dos Vélez
 
Castelo dos Vélez.

O primeiro que chama a atención é o Castelo, o paso do tempo deixou numerosas pegadas nesta construción realizada non para protexer ao pobo, senón para sometelo.[Cómpre referencia]

A arquitectura do castelo é renacentista é de carácter defensivo e de formas simples, situado sobre un peñasco de roca. Das dúas entradas, a unha delas accédese mediante a parte alta da muralla e torreóns do antigo alcázar musulmán ademais dunha ponte levadiza. Contén catro elementos diferenciadores: unha torre da homenaxe, unha nave central con bóveda de canón, un encostado á nave e alxibe.

Actualmente[cando?] o concello de Mula estea en litixio pola propiedade do castelo e non poida realizar accións sobre el.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar