Muhammad XII de Granada

Abū ʿAbd Allāh Muḥammad b. ʿAlī (أبو عبد الله محمد ابن علي) nado en Granada posiblemente no ano 1459 e finado en Fez, Marrocos no 1533, foi o derradeiro rei do Reino de Granada. Membro da dinastía dos nazarís, era coñecido entre os cristiáns como Boabdil el Chico ou Boabdil.

Boabdil
Emir de Granada
1482 - 1483
PredecesorMuley Hacén
SucesorEl Zagal
Emir de Granada
1486 - 1492
PredecesorEl Zagal
SucesorTítulo extinguido

Nome completoAbū ʿAbd Allāh Muhammad ibn ʿAlī (أبو عبد الله محمد ابن علي)
Nacemento1459
Granada Reino de Granada
Falecemento1533
Fez Reino de Fez
ConsorteMariam bint Ibrahim al-atar
DescendenciaAhmed
Sor Isabel de Granada
Iusef
Casa realNazarí
ProxenitoresMuley Hacén
Aixa

Arrebatoulle o trono o seu pai Muley Hacén e durante un tempo estivo en disputa por este tanto con el, coma co seu tío el Zagal. Abu 'Abd Allāh, na fala granadina debía pronunciarse como Bu Abdal-lah ou Bu Abdil-lah, e de aí derivou o nome castelán de Boabdil, ao cal se lle engadiu o epíteto d'o Chico para distinguilo do seu tío Abu 'Abd Allāh o Vello.

Traxectoria editar

 
Boabdil entrega as chaves de Granada aos Reis Católicos - pintura histórica do século XIX

Nado na Alhambra, fillo de Muley Hacén e da sultana Aixa, sublevouse en Guadix contra o seu pai en 1482 e accedeu ao trono grazas ao apoio dos Abencerraxes e da súa propia nai. Combateu o seu pai e tío, os cales tamén considerábanse lexítimos reis de Granada. Durante a batalla de Martín González, no termo municipal de Lucema, foi apresado polos Reis Católicos.

A súa liberación implicou darlle ao Reino de Castela a parte do reino que gobernaba el Zagal, o que favoreceu a penetración castelá e a finalización da guerra o 2 de xaneiro de 1492 coa toma de Granada polos Reis Católicos. Boabdil asegurouse a colaboración das tropas castelás no seu exilio en Fez en 1493 ante unha posible rebelión.

Segundo unha lenda andaluza cando saíu de Granada camiño do exilio nas Alpujarras, no momento de coroar un outeiro, volveu a cabeza para ver a súa cidade por última vez e chorou mentres a súa nai lle dicía:

Chora como unha muller o que non soubeches defender coma un home
Aixa, nai de Boabdil.

Debido a isto ese outeiro recibe o nome do Puerto del Suspiro del Moro.

No seu exilio nas Alpujarras instalouse na poboación almeriense de Laujar de Andarax, sendo esta a súa última residencia na Península Ibérica antes de partir cara África.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar