Movimiento Ibérico de Liberación

O Movimiento Ibérico de Liberación-Grupos Autónomos de Combate (MIL) foi unha organización antifranquista activa durante os inicios dos anos 1970 en Cataluña.

Movimiento Ibérico de Liberación (MIL)
Organización armada antifranquista
Líderes-
Creación1971
(desmantelada en 1973)
Área de operaciónsCataluña
IdeoloxíaSituacionismo, consellismo
Vencellado a-
Publicación-
Status-

Ideoloxía e historia editar

Ideoloxicamente, o MIL rexeitaba calquera actividade política ou sindical, pois preferían unha unidade destas dúas tarefas, e avogaba pola axitación armada como ferramenta de liberación da clase obreira contra o capitalismo. Asumía tendencias como o consellismo e o situacionismo como alternativas ao marxismo tradicional.

Eran un reducido grupo de activistas que nunca superou a decena de militantes.[1] Eran novos, homes e mulleres, da clase media barcelonesa como Oriol Solé Sugranyes, Santiago Soler Amigó e despois Salvador Puig Antich e amigos ou irmáns entre si. O MIL contaba tamén co apoio doutros grupos de mozos libertarios do sur de Francia (como Jean-Marc Rouillan), organizados por Oriol Solé a raíz do seu exilio en Tolosa.

O MIL iniciou as súas actividades en febreiro de 1971, estruturándose en Grupos Autónomos de Combate (GAC). As súas accións consistían en atracos a sucursais bancarias. Co diñeiro roubado editaban publicacións clandestinas creando as edicións de maio do 37 (continuaron publicando textos até 1975 por membros do exMIL) e axudaban aos comités de folga e aos obreiros represariados.

Vían o seu grupo como un "grupo de apoio" á loita obreira, que debía fuxir de crear intereses internos. Os MIL no se consideraron un grupo na liña do FRAP ou ETA. Nunca atentaron contra forzas de seguridade nin puxeron bombas.[2]

As contradicións entre os seus membros sobre como organizar a loita pronto se fixo patente, ata o punto de que o grupo decidiu disolverse en agosto de 1973. Apenas un mes despois tres dos seus compoñentes, Salvador Puig, Oriol Solé e José Luis Pons, foron detidos en Barcelona e enviados a prisión. Outros conseguiron fuxir a Francia e continuaron o combate a través dos Grupos de Acción Revolucionaria Internacionalista (GARI) realizando accións de denuncia sobre o réxime franquista para chamar a atención internacional sobre os seus compañeiros encarcerados en España.

Salvador Puig Antich foi executado a garrote vil no Cárcere Modelo de Barcelona en marzo de 1974 despois de ser condenado pola morte do policía Francisco Anguas, da brigada político-social de Barcelona, o día que foi detido.

Oriol Solé Sugranyes morreu a causa dos disparos efectuados pola Garda Civil, nas montañas navarras próximas a Auritz cando estaba dirixíndose a territorio francés, en abril de 1976, despois de protagonizar cun grupo de presos de ETA e doutras organizacións antifranquistas, a fuga do Cárcere de Segovia.

José Luis Pons Llobet foi condenado a case sesenta anos de prisión.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Libertarios-Libertarias. Un diccionario bio-bibliográfico" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de decembro de 2011. Consultado o 18 de novembro de 2012. 
  2. Puig Antich, caso reabierto

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Tajuelo, Telesforo. El Movimiento Ibérico de Liberación, Salvador Puig Antich y los grupos de Acción Revolucionaria Internacionalista: teoría y práctica, 1969-1976. París. Ruedo Ibérico, 1977.
  • Cortade, André. Le 1000: histoire désordonnée du MIL, Barcelone 1967-1974. París. Dérive 17, 1985.
  • Téllez Solá, Antonio. El MIL y Puig Antich. Barcelona. Virus, 1994.
  • Tolosa, Carlota. La torna de la torna: Salvador Puig Antich i el MIL. Barcelona. Empúries, 1999.
  • Rosés Cordovilla, Sergi. El MIL: una historia política. Barcelona. Alikornio, 2002.
  • VV.AA. Por la memoria anticapitalista (Reflexiones sobre la autonomía). Madrid. VV.EE., 2008

Ligazóns externas editar