Movemento Aceh Libre

O Movemento Aceh Libre (en indonesio: Gerakan Aceh Merdeka; en achinés: Geurakan Acèh Meurdèka / Gěrakan Aceh Měrdeka[1] foi un movemento independentista que buscaba a soberanía da rexión de Aceh, da illa de Sumatra, en Indonesia. O Movemento Aceh Libre loitou contra forzas de goberno indonesio na coñecida como insurxencia de Aceh dende o ano 1976 até 2005, na cal se calcula que morreron unhas 15 000 persoas.[2]

Bandeira do Movemento Aceh Libre.

A organización desistiu das súas intencións independentistas e disolveu a súa banda armada logo dos acordos de paz de 2005 co goberno indonesio, e posteriormente cambiou o seu nome a Comité de Transición de Aceh (en indonesio: Komite Peralihan Aceh).

Notas editar

  1. Ricklefs, M.C. (2008). History of Modern Indonesia Since c. 1200. Stanford University Press. p. 364. 
  2. "Indonesia agrees Aceh peace deal". BBC News. 17 de xullo de 2005. Consultado o 11 de outubro de 2008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar