A movella pequena[2][3] ou mobella pequena[4] é unha ave da familia das Gaviidae.

Movella pequena

Adulto e cría
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gaviiformes
Familia: Gaviidae
Xénero: Gavia
Especie: G. stellata
Nome binomial
Gavia stellata
(Pontoppidan, 1763)
     Visitante de verán, e invernos no mar
     Visitante de verán, e invernos no mar

     Visitante de verán, e invernos no mar
Sinonimia

Colymbus stellatus Pontoppidan, 1763
Colymbus lumme Brünnich, 1764
Colymbus septentrionalis Linnaeus, 1766
Gavia lumme Forster, 1788
Colymbus mulleri Brehm, 1826
Urinator lumme Stejneger, 1882

Gavia stellata

Morfoloxía e hábitos editar

Trátase dun ave de 53–58 cm de lonxitude e un peso entre os 1000 e 2000 gramos. Trátase das máis pequenas das movellas, cunha envergadura de 91–110 cm. O peteiro é recurvado, coas costas escuras sen debuxo. A cabeza e os laterais da cabeza son de cor gris cinza. Na época de cría mostra unha mancha vermella na parte frontal do pescozo. Os ollos son vermellos. Durante o inverno a plumaxe é semellante á da movella ártica. femia e macho son morfoloxicamente iguais. Nada coa cabeza ergueita algo escorada lateralmente. Atópase en lagos e lagoas, incluídos aqueles existentes na tundra. Aliméntase de peixes, crustáceos e batracios.

Reprodución editar

O período de cría vai de maio a xullo. O tempo de incubación é de 24-29 días. Os polos voan ás seis semanas.

Distribución editar

Na época de cría está presente en Escandinavia, extremo norte das Illas Británicas, Islandia e noroeste de Rusia. Fóra da época de cría atópase ó longo da costa europea exceptuando a costa sur da Península Ibérica.

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "Gavia stellata". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. VV. AA. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-2913-8. 
  3. "Movella pequena". TERGAL. Consultado o 9 de xullo de 2017. 
  4. Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)