Mouriscados, Mondariz

parroquia civil do concello de Mondariz

San Cibrán de Mouriscados é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 267 habitantes (141 mulleres e 126 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2005 cando tiña 311 habitantes. Por esta parroquia pasa a N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Mouriscados
ConcelloMondariz[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°11′20″N 8°24′46″O / 42.188834315104, -8.4127855812441Coordenadas: 42°11′20″N 8°24′46″O / 42.188834315104, -8.4127855812441
Poboación267 hab. (2013)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Nos lugares de Couto do Santo e Campo de Mouro atopáronse restos de cerámica castrexa e tegulas romanas, sobre os que hai varias lendas.[2]

A igrexa parroquial, adicada a San Cibrán, data do século XVII. Dela partía un antigo viacrucis que ía ata o outeiro do Calvario.[3] Anterior a esta igrexa existiu outra situada no «Couto da Igrexiña».[2]

Patrimonio editar

  • Cruceiro e peto de ánimas de Mouriscados, peto de ánimas pechado con cruceiro por detrás del.
  • Castro de Campo de Mouro

Lugares e parroquias editar

Lugares de Mouriscados editar

Lugares da parroquia de Mouriscados no concello de Mondariz (Pontevedra)

O Campo do Mouro | Crespos | Fontán | Fontebalán | A Lamela | Poñe | A Porteliña | Zamorelle

Parroquias de Mondariz editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz

Frades (San Martiño) | Gargamala (Santa María) | Lougares (San Fiz) | Meirol (Santo André) | Mondariz (Santa Baia) | Mouriscados (San Cibrán) | Queimadelos (Santa María) | Riofrío (San Miguel) | Sabaxáns (San Mamede) | Toutón (San Mateo) | Vilar (San Mamede) | Vilasobroso (San Martiño)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. 2,0 2,1 Guisado Nogueira, Jose (1988). Mondariz: historia, guía y hechos pasados. ISBN 84-86845-53-X. 
  3. "Arte Relixioso de Mouriscados". Vive Mondariz. 22 de agosto de 2007. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar