Mountain View, California

cidade de California

Mountain View é unha cidade no condado de Santa Clara, California. A cidade ten o seu nome debido á vista dende as Montañas Santa Cruz.[1] No censo de 2000, Mountain View alcanzou a cifra de 70.708 habitantes.[2]

Modelo:Xeografía políticaMountain View, California
Mountain View (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aSanta Cruz Mountains (en) Traducir, Monte Diablo (pt) Traducir e Mount Hamilton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°23′34″N 122°02′31″O / 37.3928, -122.0419Coordenadas: 37°23′34″N 122°02′31″O / 37.3928, -122.0419
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCalifornia
CondadoCondado de Santa Clara Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación82.376 (2020) Editar o valor em Wikidata (2.591,86 hab./km²)
Número de fogares33.029 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSan Jose–Sunnyvale–Santa Clara metropolitan area (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:2.000.468) Editar o valor em Wikidata
Superficie31,782541 km² Editar o valor em Wikidata
Auga2,2642 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude32 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal94035, 94039-94043 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico650 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Iwata (1976–)
Hasselt (1988–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webmountainview.gov Editar o valor em Wikidata
Twitter: mtnviewcityhall Editar o valor em Wikidata
Casa do concello da cidade.

Xeografía editar

Segundo a oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha superficie total de 31,8 quilómetros cadrados, dos cales, 31,1 quilómetros cadrados son terra e 0,7 quilómetros cadrados (2,26%) son auga.

Mountain View atópase no extremo norte da Ruta Estatal 85, onde se une coa Ruta 101 dos Estados Unidos. A Ruta Estatal 82 do estado segue a ruta do histórico Camiño real a través de Mountain View. A cidade limita polo noroeste con Palo Alto, ó suroeste con Los Altos, ó sueste con Sunnyvale, ó nordés co aeroporto federal de Moffett, e polo norte coa Baía de San Francisco.

Cara ó oeste están os Montes Santa Cruz, ós cales a cidade debe o seu nome, e que a separan do océano Pacífico. Polo leste atópase a serra de Diablo. Ámbalas cadeas, que en conxunto forman os límites do Val de Santa Clara, son visibles dende moitos puntos da cidade.

A maioría de Mountain View componse dos barrios residenciais. Os parques empresariais atópanse principalmente na zona norte do litoral, ó norte da estrada 101, e ó leste da estrada 85.

Clima editar

Mountain View ten un clima mediterráneo con influencia oceánica (Köppen Csb: subtropical seco verán). Os veráns son cálidos e secos, mentres que os invernos son suaves e húmidos. Porén, os veráns e os invernos son algo moderado debido á súa relativa proximidade ao Pacífico, aínda que ten unha influencia marítima menor que San Francisco, máis ó norte da península.

Notas editar

  1. History of Santa Clara County, California. Alley, Bowen & Co. 
  2. "American FactFinder". Oficina do Censo dos Estados Unidos. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2020.