O moucho de Atenea é unha manifestación da mitoloxía grega, na que un Moucho (Athene noctua) acompaña ou representa á deusa Atenea. Debido a esta asociación o moucho utilízase na cultura occidental coma símbolo de coñecemento, sabenza e perspicacia.

Tetradracma ateniense. Séc. V a. C.

Mundo clásico editar

 
Lekythos. Cerámica ática de figuras vermellas amosando á deusa Atenea armada cunha lanza na man esquerda, sostendo o seu helmo na man dereita. Diante dela voa un moucho.

Grecia editar

O epíteto homérico máis común para Atenea, glaucopis ("γλαυκῶπις")[1] comparte a súa raíz coa do nome grego do moucho glaux (γλαύξ)[2] e adoita traducirse por ‘de ollos brillantes’ combinación de γλαύκος glaukos (‘brillante’, ‘prateado’, e posteriormente ‘azul’ ou ‘gris’) e ὤψ ôps (‘ollo’, ou ás veces ‘face’), aínda que Thompson sinala no seu glosario a escuridade do termo,[3] e albisca que pode referirse á lúa.

A identificación do moucho coa deusa foi probablemente motivada pola orixe arcaica de Atenea coma deusa da noite,[3] sendo o moucho a ave nocturna máis frecuente na Europa mediterránea.

A imaxe do moucho foi extensamente reproducida polos atenienses nas súas cerámicas e moedas, converténdose o paxaro en insignia da cidade. No reverso da Tetradracma ateniense figuraban un moucho, un ramo de oliveira e unha lúa, xunto coa inscrición "ΑΘΕ".

Roma editar

Correspondéndose coa deusa grega Atenea, a deusa Minerva na mitoloxía romana tamén foi representada na compaña do seu paxaro sagrado, o moucho de Minerva.

Notas editar

  1. γλαυκῶπις, Liddell & Scott
  2. γλαύξ, Liddell & Scott
  3. 3,0 3,1 Thompson, D'Arcy Wentworth. A glossary of Greek birds. Oxford, Clarendon Press 1895, p 46.