Motu One, Illas da Sociedade

Motu One, coñecido tamén como Bellinghausen, é o atol máis setentrional do grupo de illas de Sotavento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Administrativamente depende directamente do goberno territorial. Está situado a 550 km ao noroeste de Tahití e 72 km ao nordeste de Manuae, o seu veciño máis próximo.

Motu One
Localización do atol
Localización do atol
Situación
PaísFrancia
Colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas da Sociedade
MarOcéano Pacífico
Coordenadas15°48′S 154°32′O / -15.800, -154.533Coordenadas: 15°48′S 154°32′O / -15.800, -154.533
Xeografía
XeoloxíaAtol (6 illas)
Superficie2´829 km²
Demografía
PoboaciónDeshabitada

O atol consiste en seis illotes e unha lagoa sen ningún paso navegable. Todos os seus lados están cubertos con illas areosas baixas e boscosas, agás polo seu lado sur. É un importante lugar para a reprodución das tartarugas verdes que acoden a aniñar no outono. A superficie total é de 2´8 km² e non ten unha poboación permanente.

Historia editar

Motu One foi descuberto polo navegante xermanobáltico Otto von Kotzebue ao servizo de Rusia en 1824, que lle puxo o nome do seu amigo, o explorador Fabian Gottlieb von Bellingshausen. O nome motu one significa «illote de area» e é un nome común utilizado noutros lugares. Outros nomes históricos son: Papa Iti e Temiromiro. Non hai evidencias de que fose poboado ata hai pouco tempo. Na década dos 1950, foi ocupado por traballadores de copra, pero abandonado na década seguinte. Non se debe confundir con Illa de Bellingshausen, que forma parte da Illas Sandwich do Sur, no suroeste Atlántico.

Administración editar

O atol Motu One atol administrativamente forma parte da comuna (municipio) de Maupiti, en si, na subdivisión administrativa das Illas de Sotavento.

Ligazóns externas editar

Véxase tamén editar