Motu Iti, ou tamén Hatu Iti, é unha illa das Marquesas, na Polinesia francesa. O nome Motu Iti significa «illa pequena». Igualmente é un nome común na Polinesia utilizado en moitos lugares diferentes; tales como un illote na Illa de Pascua, fronte ao volcán Rano Kau.

Motu Iti
vista da illa
Localización
Localización
Situación
PaísFrancia
Colectividade de ultramarPolinesia Francesa
ArquipélagoIllas Marquesas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas8°40′48″S 140°37′00″O / -8.68000, -140.61667Coordenadas: 8°40′48″S 140°37′00″O / -8.68000, -140.61667
Xeografía
Superficie0´200 km²
Longura máxima670 m.
Largura máxima565 m.
Punto máis alto220 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A illa de Motu Iti nas Marquesas, está situada no grupo norte do arquipélago, ao noroeste de Nuku Hiva.

A illa consta de dúas rochas: Motu Iti e Plate. Por este motivo Etienne Marchand, tras descubrilas en 1791, bautizounas como Deux-Frères, «dous irmáns». Motu Iti é de orixe volcánica e ten unha altitude máxima de 220 metros. Está deshabitada e depende administrativamente da comuna de Nuku Hiva.