Mosteiro de Santa María de Penamaior

edificio relixioso en Penamaior, no concello de Becerreá

O mosteiro de Santa María de Penamaior é unha antiga abadía beneditina situado na parroquia de Penamaior, no concello de Becerreá.

Mosteiro de Santa María de Penamaior
Mosteiro de Santa María de Penamaior
PaísEspaña
LocalizaciónPenamaior (Becerreá)
Coordenadas42°52′37″N 7°12′27″O / 42.876922222222, -7.2076111111111Coordenadas: 42°52′37″N 7°12′27″O / 42.876922222222, -7.2076111111111
Orde relixiosaOrde de San Bieito e Orde do Císter
Estiloarquitectura románica
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A referencia máis antiga deste mosteiro é do ano 922, cando Ordoño II encargou ó abade Virila a restauración do mosteiro de Samos, daquela en clara decadencia. Virila enviou 16 dos seus monxes até Samos a facer este traballo. Enténdese logo que Penamaior foi fundado nunha data anterior ó 922. Porén, semella que o edificio actual foi construído nunha data un pouco posterior, xa o tímpano da entrada foi gravado no 1177.[1]

En 1188, dependía como priorado do mosteiro de Carracedo e é en 1203 cando Carracedo se afilia á abadía de Císter cos dez mosteiros que controlaba, entre os cales estaba o de Penamaior. En 1225, o mosteiro de Penamaior aparece co título de abadía que depende de Citeaux.[2]

No ano 1505, o mosteiro afiliouse á Congregación de Castela, quedando unida a San Salvador de Salamanca e perdendo definitivamente a dignidade abacial. Penamaior era un dos mosteiros cistercenses máis pequenos de Galicia, cunha comunidade que contaba con tres membros, en 1584 ou sete, en 1803.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Monasterio de Santa María de Penamaior" (en castelán). Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  2. pares.mcu (ed.). "Institución - Monasterio de Santa María de Penamaior (Becerreá, Lugo, España)". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Freire Camaniel, José: El monacato gallego en la alta edad media, Fund. Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1998.
  • Pérez Rodríguez, Francisco Javier: Mosteiros de Galicia na Idade Media, Deputación Provincial de Ourense. Ourense, 2008.
  • Seijas Montero, María: Los cistercienses en el sudoeste de Galicia a fines del Antiguo Régimen, Santiago de Compostela, 2009.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar