Mossos d'Esquadra

Policia da Generalitat de Catalunya

A Policia de la Generalitat de Catalunya - Mossos d'Esquadra, coñecida simplemente como Mossos d'Esquadra, é a forza de policía da Generalitat de Cataluña, refundada, como corpo de policía propio mediante a Lei 19/1983, de 14 de xullo de 1983, aprobada polo Parlament de Catalunya. Fundada en 1719, é a forza de policía civil máis antiga de Europa.

Mossos d'Esquadra
Logo
TipoPolicía autonómica
Área de operaciónCataluña
Data de fundación21 de abril de 1719 e 14 de xullo de 1983
Director/aPere Ferrer Sastre
Nº de empregados17.889 (2021) Editar o valor em Wikidata
Organización matrizDepartamento de Interior da Generalitat de Cataluña
PremiosMedal of Honor of the Parliament of Catalonia
SedeComplex Central Egara
PaísEspaña
Na rede
https://mossos.gencat.cat/
Facebook: mossoscat Twitter: mossos Instagram: mossoscatalunya TikTok: mossoscat Flickr: 47175594@N03 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Mosso d'Esquadra con uniforme de gala.
Un coche patrulla en Barcelona.

Como policía integral ocúpase das funcións de seguridade cidadá, policía administrativa, policía xudicial, intervención e policía de proximidade, todas elas competencias da Generalitat.

Historia editar

En 1719 establéronse as primeiras escuadras de campesiños armados (Esquadres de Paisans Armats) para manteren a orde e a seguridade nas localidades e vixiaren os camiños cando o exército non podía facelo por estar mobilizado e ao longo dos anos, pasou por diversas vicisitudes, nalgunhas épocas baixo o control militar español, e outras nas que o corpo deixou de operar (1868-1874 e 1939-1950) ou como no período entre 1950-1983 quedou reducido a un corpo simbólico que só tiña como misión a vixilancia dalgunhas dependencias da Deputación de Barcelona pero dende 1983 cun novo estatuto xurídico pasa a se converter na policía autonómica de Cataluña so as directrices da Generalitat de Cataluña.

En 1994 comezou un proceso de substitución das forzas de seguridade do Estado nas funcións de orde pública e seguridade cidadá, quedando a Garda Civil e a Policía Nacional dedicadas a combateren o terrorismo, a inmigración ilegal e algunhas outras funcións que son da súa exclusiva competencia. Este proceso de substitución culminou no 2008.

Dende o 1 de novembro do 2005, os Mossos d'Esquadra teñen a plena competencia na cidade de Barcelona e desde 2008 en toda Cataluña.

Dende outubro de 2017, o major, máximo rango do corpo, é Ferran López i Cisneros‎.

Estrutura editar

A lei 10/1994 do Parlamento de Cataluña pon o mando supremo do corpo en mans do President da Generalitat, e establece o seu exercicio práctico en mans do Conseller d'Interior. Pertencen a este departamento os corpos profesionais da seguridade catalá: Protección Civil, os Bombeiros da Generalitat e os Mossos d'Esquadra.

Estrutura directiva editar

 
Organigrama sinxelo da estrutura directiva dos Mossos d'Esquadra.

O mando directo do corpo teno a persoa titular da Dirección Xeral da Policía (Direcció General de la Policia). É a responsable tanto do aparato policial propiamente dito como tamén de todo o aparato administrativo de xestión. Esta persoa non acostumbra a ser un cargo policial senón político. Dirixe a policía en Cataluña e encárgase de ditar as instrucións e circulares pertinentes entre outras funcións. Dende xullo de 2017 o seu Director Xeral é Pere Soler i Campins.

O cargo policial máis alto do corpo de Mossos d'Esquadra é a Subdirección Operativa da Policía (Subdirecció Operativa de la Policia), ocupada polo polícia de maior rango do corpo: o major, ostentado actualmente por Ferran López i Cisneros. Do Subdirector Operativo dependen tres das catro grandes comisarías xerais que ten o corpo, todas elas comandadas por un policía con rango de comisario:

  • A Comisaría Xeral Territorial (Comissaria General Territorial, CGTER), que dirixe a seguridade cidadá.
  • A Comisaría Xeral de Recursos Operativos (Comissaria General de Recursos Operatius, CGRO), que dirixe os especialistas policiais.
  • A Comisaría Xeral de Investigación Criminal (Comissaria General d'Investigació Criminal, CGIC), que dirixe as tarefas de investigación das actividades criminais.

A cuarta comisaría do corpo é a Comisaría Xeral de Planificación e Organización (Comissaria General de Planificació i Organització, CGPO), que se encarga de avaliar o corpo e asesorar a Dirección Xeral da Policía, da que depende directamente.

Estrutura funcional editar

O complexo organigrama dos Mossos d'Esquadra distribúe a tarefa policial dos máis de 16.000 mossos en 19 grandes ámbitos do mesmo rango que reciben o nome de Rexións Policiais ou Divisións. Estes 19 ámbitos poden depender de diferentes organismos policiais e poden ser liderados tanto por comisarios como por intendentes do corpo.

Divisións editar

As divisións (divisions) son os organismos centrais do corpo que engloban varias áreas policiais e teñen tarefas moi específicas. Son dez:

  • División de Asuntos Internos (Divisió d'Afers Interns, DAI): encárgase de investigar ao propio corpo para controlar que os axentes da autoridade non cometan actividades ilegais. Depende directamente da Dirección Xeral da Policía.
  • División de Información (Divisió d'Informació, DINF): encárgase de investigar e perseguir as organizacións criminais que teñen obxectivos ideolóxicos ou non lucrativos. Depende directamente da Dirección Xeral da Policía.
  • División de Sistemas de Información Policial (Divisió de Sistemes d'Informació Policial, DSIP): encárgase de velar polos sistemas informáticos internos, as bases de datos e as telecomunicacións internas do corpo. Deseña, fai o seguimento, avalía e vixia a seguridade das mesmas. Encárgase tamén da estatística. Depende da Comisaría Xeral de Planificación e Organización.
  • División de Planificación, Calidade e Ordenación Profesional (Divisió de Planificació, Qualitat i Ordenació Professional, DPQOP): encárgase de definir os criterios de selección das persoas que queren acceder ao corpo, define os criterios de promoción e ascenso, avalía a tarefa policial, establece os recursos de dotación de cada corpo e xestiona o armamento e as credenciais policiais, entre outras funcións. Depende da Comisaría Xeral de Planificación e Organización.
  • División de Tráfico (Divisió de Trànsit, DT): encárgase de aplicar sobre as estradas as indicacións técnicas e operativas do Servei Català de Trànsit, investiga os accidentes máis importantes e tamén planifica e dirixe os dispositivos de tráfico máis importantes. Tamén elabora estudos e estatísticas de tráfico en Cataluña. Non se encarga da xestión do tráfico habitual, xa que esta é competencia de cada Rexión Policial. Depende da Comisaría Xeral Territorial.
  • División Técnica de Seguridade Cidadá (Divisió Tècnica de Seguretat Ciutadana, DTSC): encárgase da investigación de ilícitos administrativos, delitos contra o medio ambiente, protección de menores, avaliación e establecemento de criterios de atención cidadá dos mossos e do seguimento do programa contra a violencia de xénero, entre outras funcións. Depende da Comisaría Xeral Territorial.
  • División de Intervención (Divisió d'Intervenció, DINT): encárgase de dar apoio especializado ao resto de unidades policiais en materia de orde pública, ou en situacións de risco de violencia armada. Depende da Comisaría Xeral de Recursos Operativos.
  • División de Soporte Operativo (Divisió de Suport Operatiu, DSO): encárgase de dar apoio especializado ao resto de unidades policiais en materia de artefactos explosivos, actuacións en contornas difíciles, uso de cans, ou custodia de presos. Depende da Comisaría Xeral de Recursos Operativos.
  • División da Policía Científica (Divisió de Policia Científica, DPC): encárgase da comprobación de probas e identificacións a través de métodos científicos. Hai dez especialidades: documentoscopia, antropoloxía, bioloxía, química, fotografía e audiovisuais, balística e trazas instrumentais, informática forense, lofoscopia, dactiloscopia e o sistema automático de recoñecemento de impresións dixitais. Depende da Comisaría Xeral de Investigación Criminal.
  • División de Investigación Criminal (Divisió d'Investigació Criminal, DIC): encárgase da investigación e persecución dos casos de delincuencia criminal con fins económicos, como roubos, homicidios ou crime organizado. Depende da Comisaría Xeral de Investigación Criminal.

Rexións policiais editar

 
Distribución das rexións policiais dos Mossos d'Esquadra.

As rexións policiais (regions policials) son os organismos que se encargan de garantir a seguridade cidadá do territorio que teñen adxudicado. Todas dependen organicamente da Comisaría Xeral Territorial. Hai nove rexións policiais, que abranguen toda a xeografía catalá:

Xerarquía policial editar

Graos policiais editar

 
Comisaría da Área Básica Policial de L'Hospitalet de Llobregat.

Podemos diferenciar a escala policial dos mossos entre os que teñen funcións directivas (escalas superior e executiva) e os que teñen funcións prácticas operativas (intermedia e básica). Os rangos compóñense da seguinte maneira:

Escala Rango Insignia Organismos que pode comandar
Superior Major (Maior)  
Comissari (Comisario)   Comisarías xerais, divisións, rexións
Intendent (Intendente)   Divisións, rexións, áreas
Executiva Inspector   Áreas
Intermedia Sots-inspector (Subinspector)   Áreas, unidades
Sergent (Sarxento)   Unidades, grupos
Básica Caporal (Cabo)   Grupos
Mosso  

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar