Morto en combate

clasificación de baixas militares utilizada para mortes, inclúe accidentes e doenzas

Morto en combate (en inglés KIA, killed in action) é unha clasificación de baixas utilizada frecuentemente polos militares para sinalar mortes nas súas propias filas provocadas por forzas contrarias. É posible aplicar o termo morto en combate tanto para as tropas que combaten en primeira liña como para as unidades navais, aéreas e de apoio ou reforzo. Non adoita incluír a falecidos en accidentes, ataques terroristas, ou outro tipo de eventos «non hostís».

O Memorial Americano de Normandía, preto de Colleville-sur-Mer, en Normandía, Francia.

O termo morto por feridas (en inglés DOW, dead of wounds) pode ser utilizado para tropas mortas en centros médicos en ou tras o combate, debido ás feridas provocadas no mesmo.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar