Tavares Montgomery (Monty) Williams, Jr., nado o 8 de outubro de 1971 en Fredericksburg, Virxinia, é un ex xogador americano de baloncesto profesional e actual adestrador dos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).

Monty Williams
Posición Ala
Dorsal 2, 3, 5, 41
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Nacemento 8 de outubro de 1971 (52 anos)
Fredericksburg, Virxinia
Carreira
Instituto Potomac (Oxon Hill, Maryland)
Universidade Notre Dame (1989–1994)
NBA Draft 1994 / Rolda: 1 / Elección: 24
Por New York Knicks
Tempadas 19942003
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     2 884
Rebotes     1 296
Asistencias     544
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Ningún premio notable
Adestrador

Traxectoria deportiva editar

Xogador editar

Williams foi seleccionado na 24ª posición do Draft da NBA de 1994 polos New York Knicks. Xogou 9 tempadas na NBA, para os Knicks, San Antonio Spurs, Denver Nuggets, Orlando Magic e Philadelphia 76ers.

Na súa carreira na NBA, Williams xogou 456 partidos, e conseguiu un total de 2.884 puntos. O 8 de abril de 1997, conseguiu a mellor anotación da súa carreira, ao anotar 30 puntos contra os Denver Nuggets, sendo xogador dos Spurs.

Adestrador editar

En 2005, Williams foi contratado coma asistente polo novo adestrador dos Portland Trail Blazers, Nate McMillan.[1] O 7 de xuño de 2010, os New Orleans Hornets ofrecéronlle un contrato por tres anos para ser o seu adestrador.[2]

Notas editar

  1. Trail Blazers Name Monty Williams Assistant Coach, 1 de agosto de 2005
  2. "Blazers assistant Monty Williams is offered head coaching position by New Orleans". The Oregonian. 4 de xuño de 2010. Consultado o 4 de xuño de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar