Montserrat Calleja Gómez

Investigadora galega en nanotecnoloxía
(Redirección desde «Montse Calleja»)

Montserrat Calleja Gómez, nada en Ourense o 20 de abril de 1973,[1] é unha física galega especializada en nanotecnoloxía e biosensores, é unha investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Instituto de Microelectrónica de Madrid.[2]

Infotaula de personaMontserrat Calleja Gómez
Biografía
Nacemento22 de abril de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónChamba district (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto de Micro y Nanotecnología (en) Traducir, CSIC Scientific Researcher (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 3184905

Traxectoria editar

Nos seus primeiros anos viviu primeiro en Cercedilla e logo na Coruña. Estudou Ciencias Físicas na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid cunha tese na área de nanotecnoloxía.[3][4]Grazas a unha bolsa postdoctoral traballou no Microelectronics Center (MIC), en Dinamarca, con Annia Boysen. Tamén fixo estadías de investigación en Italia e o Xapón.

É cotitular de dez patentes[5], publicou 53 artigos, dous deles en Nature Nanotechnology. É a xefa do grupo de investigación Bionanomechanics Lab, no CSIC.[6] Liderou o proxecto NANO FOR CELLS, unha das prestixiosas Starting Grant concedida polo Consello Europeo de Investigación, que ten como obxectivo o estudo das propiedades mecánicas das células e a súa relación co cancro.[7]Máis tarde centrouse no proxecto Liquid Mass, de estudo das proteinas a través de sensores nanomecánicos.[3]

É co-fundadora da empresa Mecwins, pioneira na comercialización de biosensores nanomecánicos.

Premios e recoñecementos editar

  • Concedéuselle o premio Miguel Catalán 2012 para investigadores menores de 40 anos.[8]
  • En 2018 foi recoñecida pola revista QUO como unha das científicas españolas máis importantes, dentro da chamada Selección Española da Ciencia.[9]
  • En 2021 é elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.[10]
  • En 2022 é galardoda co Premio Rei Jaume I de novas tecnoloxías.[11]

Notas editar

  1. Amestoy, Ignacio (22 de abril de 2013). "Montse Calleja,esa Marie Curie" (PDF). El Mundo: 50. 
  2. Referentes. "Montserrat Calleja Gómez". Executivas (en castelán). Consultado o 2020-06-28. 
  3. 3,0 3,1 Gil Villar, Pilar (3 de decembro de 2018). "Montserrat Calleja: "Nuestra ilusión es que los instrumentos que desarrollamos en este laboratorio puedan usarse algún día en un hospital"". Quo (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  4. González, Jorge Yáñez (9 de novembro de 2013). "Mujeres y Ciencia: MONTSERRAT CALLEJA". Mujeres y Ciencia. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  5. "BioNanoMechanics Lab". www.imm-cnm.csic.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  6. "BioNanoMechanics Lab". www.imm-cnm.csic.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2019. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  7. "Montse Calleja, esa Marie Curie" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xuño de 2013. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  8. "Montse Calleja". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2017. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  9. "Presentamos a la Selección Española de Ciencia 2018". Quo (en castelán). 26 de novembro de 2018. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  10. Carro, Ana (2022-01-11). "“Tenemos que retener el talento que se forma y captar el talento que ha emigrado”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-01-15. 
  11. "Estos son los premios Rey Jaume I 2022". elperiodic.com (en castelán). Consultado o 2022-06-08. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar