Montoxo, Cedeira

parroquia civil do concello de Cedeira

San Xiao de Montoxo é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 430 habitantes (219 mulleres e 211 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 504 habitantes.

San Xiao de Montoxo
Igrexa de San Xiao de Montoxo.
ConcelloCedeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°39′13″N 7°58′58″O / 43.6535, -7.9828Coordenadas: 43°39′13″N 7°58′58″O / 43.6535, -7.9828
Poboación323 hab. (2017)
Entidades de poboación39[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Montoxo está situada no extremo sueste do concello, na beira dereita do río das Mestas e na aba occidental da serra da Capelada, o que fai que este territorio sexa un tanto escarpado. Limita ao norte coa parroquia de Régoa dende o alto da Capelada baixando polo rego do Feal até a ponte da Braxe; polo leste linda co concello de Ortigueira dende o rego do Feal polos altos da Capelada e baixando por Penido de Camporredondo, Pedrasmiudas, Peado e Sedeás, até a fonte do rego de Guitín; polo sur limita co concello Cerdido dende o anterior rego até a Pasada de Vagariños no río das Mestas; polo oeste o linde é coa parroquia de San Román de Montoxo, dende a anterior pasada até a Ponte de Braxe no rego de Ferrería.

A estrada de Cedeira que enlaza coa AC-862 de Ferrol a Ortigueira no Campo de Hospital cruza a parroquia polos lugares de Cheda, Teixoeira e Mundín.

Patrimonio editar

Na beira do rego de Aneiros está a igrexa parroquial de San Xiao, e no lugar de Mundín érguese a capela de Santo Antón e San Ignacio.

Lugares e parroquias editar

Lugares de San Xiao de Montoxo editar

Lugares da parroquia de Montoxo no concello de Cedeira

Agrochao | Os Agueiros | Balvís | As Bieiteiras | A Calzada | O Campo do Hospital | A Carballa | Carracedo | A Cheda de Abaixo | A Cheda de Arriba | Cimadevila | O Empalme de Arón | Ervellás | O Esperón | A Ferrería | As Figueiras | A Fonsa | A Fraguela | A Granxa | O Igrexario | Os Lagos | Liñares | O Lombo | A Manguela | Montoxo Vello | Mundín | Muruxás | A Pena | A Penela | A Penica | Portovello | Purrei | As Ratas | A Referta | O Rego | Regueiro | Sedeás | O Torno | Vilarnovo

Parroquias de Cedeira editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar