Os montes Saian (en ruso: Саяны Saianii; en mongol: Соёны нуруу, Soyonï nurû; en túrquico antigo 𐰚𐰇𐰏𐰢𐰤, Kögmen durante o período dos Göktürks[1]) é unha cordilleira no sur de Siberia, Rusia (concretamente na república dos Tuva) e o norte de Mongolia. No pasado, serviu como fronteira entre Mongolia e Rusia.[2]

Montes Saian
Vista do Mönkh Saridag, o pico máis alto dos montes
Localización
Continente/sAsia
País/esRusia Rusia, Mongolia
CoordenadasCoordenadas: 53°15′07″N 94°58′28″L / 53.251944444444, 94.974444444444
Datos
CordilleiraMontes de Siberia Meridional
Principais cumesMönkh Saridag
Cota3492 msnm

Os altos cumios e lagos fríos dos Saian dan altura aos ríos que chegan a un dos principais ríos de Siberia, o Ienisei, que flúe cara ao norte durante 3400 km ata o océano Ártico. É unha área protexida e illada, que se mantivo pechada pola Unión Soviética dende 1944.[3]

Características editar

 
A «Pedra colgante», nos Saian occidentais, montes Ergaki

Orograficamente son o bordo norte da meseta situada ao noroeste de Mongolia, que a separa de Siberia. Coñécese pouco sobre a súa xeoloxía.

Mentres que a elevación xeral da área está entre os 2100 e os 2700 m de altura, algúns picos individuais, formados sobre todo por granito e lousas metamórficas, acadan máis de 3000 metros. Os principais pasos entre montañas están a alturas de 1800 e 2300 m sobre o nivel do mar, como Muztagh, a 2280 m; o paso mongol, a 1981 m; Tenghyz, a 2280 m e Obo-sarym a 1860 m.

Aos 92º E, o sistema está cortado polo río Bel-Kem, o alto Ienisei, e aos 106º, no seu extremo oriental, remata na depresión do Selenga-Orkhon. Dende o altiplano de Mongolia, o ascenso ás montañas é doado, mais dende as chairas de Siberia é máis escarpado, a pesar de que dende ese lado a cordilleira queda disfrazada por un cinto de serras subsidiarias de estilo alpino, como as Usinsk, Oia, Tunka, Kitoi e Bielaia.

Entre a abertura do Ienisei e o lago Kosso-gol, o sistema recibe o nome de Erghik-taiga.

A flora é en xeral pobre, aínda que nas rexións altas posúe importante bosques de lárices, piñeiros, xenebreiros e bidueiros, con rododendros e especies de Barberis e Ribes. As penas distribuídas na parte alta están cubertas de liques e musgos.

Ciencia editar

O obstervatorio solar de Saian está situado nestes montes (51°37′18″N 100°55′07″L / 51.62167, -100.91861) a unha altitude de 2000 metros.[4]

Notas editar

  1. Bartold, V. V. (1935) 12 Vorlesungen uber die Geschichte der Turken Mittelasiens Deutsche Gesellschaft für Islamkunde, Berlin, p. 46, OCLC 3673071
  2. "Sayan Mountains". Consultado o 25-12-2006. 
  3. "Tuva and Sayan Mountains". Geographic Bureau - Siberia and Pacific. Arquivado dende o orixinal o 26-11-2015. Consultado o 26-10-2006. 
  4. "Sayan Solar Observatory". Institute of Solar-Terrestrial Physics, Academia Rusa das Ciencias - rama siberiana. Consultado o 03-12-2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar