Montañas Douradas de Altai

Patrimonio Natural da Humanidade en Rusia

As Montañas Douradas de Altai é o nome co que se coñece unha ampla zona de 16 175 km² en Siberia que comprende as reservas naturais de Altai e de Katun, o lago Telétskoye, o monte Belukha e a meseta de Ukok, que foi declarada Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[1][2]

Montañas Douradas de Altai
Álamos preto do leito dun río. Ao fondo, os Montes Dourados do Altai
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísRusia Rusia
LocalizaciónMontañas Altai
TipoNatural
Criteriosx
Inscrición1998 (2ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia
Identificador768

Tal como a UNESCO sinalou na súa descrición do sitio, «a rexión representa a secuencia máis completa de zonas altitudinais de vexetación na Siberia central, desde estepas a vexetación tipicamente alpina». Ao facer esta declaración, a UNESCO convidou aos rusos a preocuparse da preservación dos mamíferos en perigo no Altai, como o leopardo das neves e o Ovis ammon ammon, o argalí de Altai (a subespecie tipica do Ovis ammon (unha ovella salvaxe).[1][3]

Este lugar é ademais o lugar de orixe duna raza de cabalos, o cabalo Altai (unha raza de poni siberiano).[4]

A rexión do Altai editar

A rexión de Altai está formada por catro sitios e tipos de paisaxes: o monte Belukha, a meseta de Ukok, o río Katun e o val de Karakol. O monte Belukha está considerado como un lugar sagrado para os budistas e os burkhanistas. Foi a localización do Shangri-La, lugar ficticio descrito na novela Horizontes perdidos (Lost Horizon), publicada en 1933 por el autor británico James Hilton (o nome trata de evocar o imaxinario exótico de Oriente. O monte Beluhka foi escalado por primeira vez a principios do ano 1900, e hoxe en día congrega unha gran cantidade de escaladores cada ano.
A meseta de Ukok é un lugar onde antigamente se asentaron os primeiros pobos siberianos. Varios mitos están relacionados con esta parte das Montañas Douradas; por exemplo, pensábase que a meseta eran os Campos Elíseos.
Os habitantes do Altai reúnense anualmente en varias celebracións, sendo ademais un lugar turístico.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "UNESCO". Consultado o 25 de marzo de 2019. 
  2. Greater Altai – Altai Krai, Republic of Altai, Tyva (Tuva), and Novosibirsk - Crossroads (en inglés).
  3. Montagnes dorées de l'Altaï na web da UNESCO (en francés).
  4. Altai Horse en Breeds of Livestock (en inglés).
  5. Sacred Land Film Project Sacred Land Film Project {{en]].