Moncho Iglesias

tradutor e escritor galego


Moncho Iglesias Míguez, nado en Vigo, o 6 de abril de 1974, é un escritor e tradutor galego.

Infotaula de personaMoncho Iglesias
Biografía
Nacemento6 de abril de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , tradutor , educador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAn-Najah National University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 1738 AELG: 358

Traxectoria editar

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Vigo, está a realizar o doutoramento en Filoloxía Galega, cunha tese que compara os contos de tradición oral palestinos e galegos. Viviu en Palestina, onde deu clases de castelán nas universidades de Belén e An-Najah de Nablus, e máis tarde en Chongqing, onde tamén exerceu como docente universitario[1].

Colaborou cos xornais Vieiros e Xornal de Galicia, e as revistas A Nosa Terra e Animal, foi correspondente da Radio Galega. Actualmente colabora con Tempos Novos,[2] Dorna e Praza Pública.

Obra en galego editar

Poesía editar

  • -3'141516, 2001, Centro Universitario Indoamericano (México).
  • Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos,[3] 2007, Positivas.
  • pedras de Plastilina, 2012, Toxosoutos.
  • Avoíña/Abuelita, 2013, Parnass Ediciones. En formato bilingüe galego-castelán.
  • Tren,[4] 2018, Urutau.
  • Cheira, 2020, Urutau

Narrativa editar

Ensaio editar

  • Os contos de animais na tradición oral palestina, 2008, Fundación Araguaney.

Traducións editar

Obras colectivas editar

  • Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu XXV cabodano, 2006.
  • I Certame literario de relato breve e libertario, 2007.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Entre os outros e nós. Estudos literarios e culturais, 2008.
  • Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas,[6] 2009, tresCtres.
  • En defensa do Poleiro. Os escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
  • Os dereitos humanos: unha ollada múltiple,[7] 2011, Universidade de Santiago de Compostela.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).[8]
  • As cantigas de Martín Codax en 55 idiomas, 2018, Universidade de Vigo.[9]
  • A lingua viaxeira, 2022, Axóuxere.

Premios editar

Notas editar

  1. Entrevista ao autor en Atlántico Diario o 7 de decembro de 2016 (en castelán).
  2. "Tempos Novos". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2019. Consultado o 12 de xaneiro de 2019. 
  3. [1]
  4. [2]
  5. "A necesidade de atopar". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  6. [3]
  7. [4]
  8. 150 Cantares para Rosalía de Castro
  9. [5]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar