Moncho Borrajo

humorista e dramaturgo galego

Ramón Borrajo Domarco, nado en Baños de Molgas o 24 de decembro de 1949, é un humorista, dramaturgo e pintor galego, máis coñecido como Moncho Borrajo.

Moncho Borrajo
Moncho Borrajo, asinando exemplares de Gatos
Nome completoRamón Borrajo Domarco
Nacemento24 de decembro de 1949
LugarBaños de Molgas
NacionalidadeEspaña
Profesiónhumorista, dramaturgo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ao entrar na adolescencia marcha cos seus pais, Ramón e Donigna, a Vigo, a estudar o bacharelato. Aos 14 anos comezou a escribir poemas, e con 16 marchou a Valencia para estudar Arquitectura. Alí destaca como debuxante, e abandona a carreira e pásase a estudar Arquitectura técnica e despois Belas Artes na escola San Carlos de Valencia. En 1970 gañou un premio de debuxo na universidade e participou nalgúns certames de debuxo como o que levaba o nome de Joan Miró. A partir desete momento realizou distintas exposicións de debuxo e pintura, ao longo de toda a súa traxectoria.

A principios dos anos setenta realiza diversas actuacións como cantautor dentro do xénero da protesta política, interpretando temas en galego, castelán e valenciano. En 1972 recibiu o 2º premio nun concurso de canción universitaria.

En 1976 recibiu a medalla ao Mérito artístico concedida polo Ministerio de Información e Turismo. En Valencia fundou a biblioteca do Centro Galego e mais un grupo de baile tradicional na mesma entidade.

En 1985 deixou a música e subiu por primeira vez ós escenarios como humorista e dramaturgo, e acadou axiña fama como monologador, co que realizou diversas xiras por teatros de España. En 1991 volveu pintar e foi seleccionado para algunhas exposicións colectivas como a mostra BMW ou a Mostra Unión Fenosa. A partir do ano 2001, con Markitis, inicia unha serie de textos teatrais para diversos personaxes que nalgúns casos dirixe el mesmo (Markitis e Terapia a las seis, de 2004) e noutros unicamente escribe, como con Cariño, ¿mañana qué hacemos?, de 2006. Dentro dese proceso merca o teatro Amaya de Madrid, onde estrea as súas producións.

Ademais, ten traballado como actor de dobraxe nas versións españolas de Mira quen fala e Mira quen fala tamén e ten escrito artigos para o xornal Las Provincias.

En 2006 decide xubilarse dos escenarios[1] coa obra Despedida y cierre, e con ela está de xira ata 2009. Nese ano, o 14 de febreiro deu a súa última actuación no Coliseum da Coruña[2].

Obra editar

Espectáculos editar

 
Moncho Borrajo, pregoeiro na Festa da Ameixa, O Carril.

Literatura en castelán editar

  • Moncho y yo”
  • Moncho y tú
  • Pobres míos (debuxos)
  • Amo la ciudad (narrativa breve)
  • Pavana para una difunta (novela)
  • Con amor y humor (aforismos).
  • 365 ocurrencias para la tolerancia (aforismos).

Literatura en galego editar

  • Animaliños (debuxos)
  • Toño (narrativa breve)
  • Meu querido padre Ramón (novela)
  • Fixen Camiños (poesía)
  • Gatos, (2008), Ir Indo.

Premios e legado editar

Hai unha estatua que o reproduce na praza do Humor da Coruña. É fillo predilecto de Baños de Molgas, e na antiga estación desta localidade hai unha biblioteca que naceu duns 5000 libros seus.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar