Moldavia no Festival de Eurovisión

Moldavia participou no Festival de Eurovisión dende o 2005. O país tivo, comparativamente, presentacións exitosas no festival: das súas dez cancións, dous terminaron entre os dez primeiros lugares, porén tanto en 2008 como en 2014 non pasou á final.

Moldavia

Estación membro TRM
Final nacional
Aparicións 10
Primeira aparición 2005
Mellor resultado
Final 2005
Semifinal 2005
Peor resultado
Final 22º 2010
Semifinal 16º 2014
Ligazóns externas
Páxina de Moldavia en Eurovision.tv

En 2005, Moldavia debutou no festival en Kíiv co grupo Zdob şi Zdub e a canción "Boonika Bate Toba". O número foi ben recibido e terminou en 2º lugar na semi-final, e calificando á rolda final. Na final terminou nun 6º lugar con 148 puntos. Poucos países quedan tan ben posicionados no ano do seu debut e ata agora é o seu mellor resultado na historia.

Tanto en 2010 como en 2011, Moldavia clasificouse á final na 10ª posición (aínda que na final obtivo a 22ª e a 12ª posición respectivamente). En 2010, a atrevida entrada de SunStroke Project e Olia Tira non convenceu ao xurado e televoto pese a súa repercusión por Europa e resto do Mundo debido ao saxofonista da canción, que se converteu nun meme mundial chamado "Epic Sax Guy".

Participantes editar

Ano Sede Artista Canción Final Pts Semifinal Pts
2005   Kíiv Zdob şi Zdub "Boonika Bate Doba" 06 148 02 207
2006   Atenas Arsenium e Natalia Gordienko "Loca" 20 22    
2007   Helsinqui Natalia Barbu "Fight" 10 109 10 91
2008   Belgrado Geta Burlacu "A century of love"     12 36
2009   Moscova Nelly Ciobanu "Hora din Moldova" 14 69 05 106
2010   Oslo Sunstroke Project & Olia Tira "Run Away" 22 27 10 52
2011   Düsseldorf Zdob şi Zdub "So lucky" 12 97 10 54
2012   Bakú Pasha Parfeny "Lăutar" 11 81 05 100
2013   Malmö Aliona Moon "O Mie" 11 71 04 95
2014   Copenhague Cristina Scarlat "Wild soul"     16 13
2015   Viena - - - - - -