Moiras

divindades da mitoloxía grega
Este artigo trata sobre as personaxes mitolóxicas, para a auga saturada de sal, véxase o artigo moira.

Na mitoloxía grega, as moiras son tres deusas, irmás entre si, que rexen e deciden o destino dos homes, e cando e como van morrer. Cada ser humano ten a súa moira, é dicir, a súa parte de felicidad e de desgraza [1]. Segundo a tradición grega, aparecían ós poucos días do parto para determinar o curso da vida do meniño.

As tres moiras (relevo na tumba de Alexander von der Mark por Johann Gottfried Schadow, Antigua Galería Nacional de Berlín)

Teñen o seu equivalente nas Parcas (ou Fatae) da mitoloxía romana, aínda que "a Parca", en singular, fai referencia a Átropos. Por veces identifícanse coas Erinias (xenios alados, con serpes entre os cabelos), fillas de Xea a partir do sangue de Urano [2].

Inconografía editar

Aparecen representadas normalmente como tres vellas tecelás ou fiadoras, e os seus símbolos son a roca, o fuso e as tesoiras.

  • Cloto, a fiadeira, é a irmá máis nova e traballa na roca o fío da vida. Correspóndese na mitoloxía romana con Nona.
  • Láquesis, a que asigna o destino, é a segunda, e enrola ese fío no fuso, ou mídeo coa súa vara. Correspóndese na mitoloxía romana con Décima.
  • Átropos, a inflexible ou inexorable (literalmente, 'que non xira’), por veces chamada Aisa, é a máis vella, e encárgase da cortar o fío da vida cando a existencia da persoa chega ó seu final. Correspóndese na mitoloxía romana con Morta.

Tamén se poden representar como tres mulleres hieráticas, de aspecto severo e vestidas con túnicas: Cloto cunha roca; Láquesis, cunha vara, unha pluma ou un globo do mundo; e Átropos cunhas tesoiras ou unha balanza. Outras veces aparecen como unha doncela, unha matrona e unha anciá, respectivamente. Shakespeare inspirouse neste mito para crear as tres bruxas de Macbeth, que intervirán decisivamente no destino do protagonista.

Historia editar

 
As Moiras dando morte ós xigantes Agrio e Toante.

As Moiras son as executoras do Destino, cousa que fan a través do seu oficio de tecelás, usando para iso un fío que representa a vida. Tamén os propios deuses, inmortales, estaban sometidos ó destino que elas decidían, e por iso non se lles permitía socorrer no campo de batalla ós heroes a quen lles chegasa a súa hora. Intervir no destino dos homes significaría poñer en perigo a orde establecida do Universo. En todo caso, outros autores afirman que obedecían a Zeus [3].

Existen dúas versións da súa orixe: segundo a Teogonía de Hesíodo son fillas de Nix ou Nicte, que as xerou por si mesma, soa; non obstante, normalmente son consideradas fillas de Zeus e Temis, a Xustiza, e irmás das Horas; ou fillas de Zeus e Nix.

"En segundo lugar, [Zeus] casou coa brillante Temis que enxendrou as Horas..., que protexen os traballos dos homes mortais; e as Moiras, ás que grandísima honra otorgou o prudente Zeus, Cloto, Láquesis e Átropo, que conceden ós hombes mortais obter o bo e o malo".
(Hesíodo: Teogonía 902-906)

Nun principio, as Moiras tíñanse por divindades indeterminadas e abstractas, mesmo como unha soa deusa. Homero fala dunha Moira, que fía o fío da vida dos hombres no momento do seu nacemiento. Na Odisea hai unha referencia ás Klôthes ou fiandeiras. En Delfos recibían culto dúas: a moira do nacemento e a da morte. Co paso do tempo, o seu número fixouse en tres e definíronse os seus atributos.

Presentes en tódolos grandes acontecementos, as Moiras eran a miúdo veneradas como deusas do nacemento (o que as relaciona con Ilitía): as atenienses recentemente casadas ofrendábanlles guechos de cabelo, e as mulleres invocábannas facéndolles xuramento.

As Morias participaron na Xigantomaquia ó lado de Zeus, e foron quen de acabar cos xigantes Agrio e Toante [4], ós que mataron coas súas mazas de bronce [5]; este feito quedou reflictido nos relevos do altar de Pérgamo.

Notas editar

  1. A palabra grega moira significa indistintamente 'destino', 'parte', 'lote' ou 'porción'.
  2. Julia García Moreno, en nota a Apolodoro: Biblioteca mitológica, px. 44.
  3. Pausanias fala de Zeus Moiragetes ('Zeus Dador do Destino').
  4. Fillos de Xea e Urano.
  5. Pseudo-Apolodoro, Biblioteca mitológica, I, 6, 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016.