A moega[1] ou moella[2], tamén chamada ventrículo, é un órgano que se encontra no tracto dixestivo dalgúns animais, como os arcosauros (dinosauros incluíndo as aves, pterosauros e crocodilianos), miñocas, algúns gasterópodos, algúns peixes e algúns crustáceos e insectos. Trátase dun estómago especializado formado por grosas paredes musculares que se usa para triturar a comida, con frecuencia coa axuda de partículas duras como pedras ou grava. En certos insectos e moluscos, as moegas teñen placas ou dentes quitinosos.

Moega dun polo

Estrutura editar

 
A moega dunha pomba colocada á dereita do duodeno, entre as patas.

En aves editar

As aves tragan a comida sen mastigar, xa que non teñen dentes, e almacénana no seu papo ou boche se é necesario. Despois a comida pasa ao seu estómago glandular e dixestivo, tamén chamado proventrículo, que ás veces tamén se denomina estómago verdadeiro. Esta é a parte secretora do estómago. Despois a comida pasa á moega ou moella (tamén chamada estómago muscular ou ventrículo). A moega pode triturar a comida grazas ás súas paredes musculares e ás pedras situadas alí que oi animal tragou, e despois o alimento se transporta de volta ao estómago verdadeiro, e de novo desde este á moega. As moegas das aves están tapizadas dunha capa basta resistente feita dun complexo de carbohidrato-proteína chamado koilina, para protexer os músculos da moega.

En comparación, mentres que nas aves o estómago verdadeiro está antes no tracto dixestivo antes da moega, nos saltóns a moega está antes do estómago, mentres que nas miñocas só hai moega e non estómago.

Gastrólitos nas moegas editar

Algúns animais que carecen de dentes tragan pedras ou grava para axudar a fragmentar a comida dura, como por exemplo sementes, o que axuda á súa posterior dixestión.[3] Todas as aves teñen moegas, pero non todas tragan pedras ou grava.[4] Estas pedras denomínanse gastrólitos e xeralmente están arredondados e lisas pola acción de pulimento realizada na moega. Cando están demasiado lisos para facer a súa función, son regurxitados e substituídos por outros.

Animais con moegas editar

Peixes editar

Os muxos mariños (Mugilidae) e os alosinos (peixes d auga doce de lagos e ríos) teñen moegas. O Salmo stomachius, unha especie de troita que se encontra no Lough Melvin, un lago do norte de Irlanda, teñen moega que se usa para axudar a dixerir os caracois acuáticos que comen.

 
Moegas e fígados fritidos. As moegas teñen un uso culinario en moitas partes do mundo.

Réptiles editar

Os aligátores e os crocodilos tamén teñen moegas.

Aves editar

Todas as aves teñen moegas.

Crustáceos editar

 
Estrutura corporal dun crustáceo típico, o krill.

Algúns crustáceos teñen unha especie de moega aínda que a esta xeralmente se lle chama muíño gástrico.[5]

Dinosauros non aviarios editar

Crese que moitos dinosauros tiñan moegas debido ao descubrimento de gastrólitos en asociación cos seus fósiles; entre eles están os seguintes:

A crenza de que Claosaurus tiña tamén moega foi desacreditada, xa que os restos fósiles estaban baseados en restos doutra especie e as pedras eran simplemente cantos de río.[6]

Pterosauros editar

Polo menos algúns pterosauros parece que tiñan moegas. Os casos máis notables son o Pterodaustro (deducido polos gastrólitos atopados) e Rhamphorhynchus (preservación directa).[7][8]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Moega.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para moella.
  3. Solomon, E.P., Berg L.P., and Martin D.W., 2002. Biology Sixth Edition. Thomson Learning Inc., Australia, Canada, Mexico, Singapore, Spain, United Kingdom, United States pp. 664
  4. John Hudson Tiner (12 January 2009). Exploring the World of Biology: From Mushrooms to Complex Life Forms. New Leaf Publishing Group. pp. 115–. ISBN 978-0-89051-552-5. Consultado o 17 October 2012. 
  5. K. Sakai (2004). "The diphyletic nature of the Infraorder Thalassinidea (Decapoda, Pleocyemata) as derived from the morphology of the gastric mill". Crustaceana 77 (9): 1117–1129. JSTOR 20107419. doi:10.1163/1568540042900268. 
  6. Creisler, Benjamin S (2007). Horns and Beaks: Ceratopsian and Ornithopod Dinosaurs. Bloomington: Indiana University Press. p. 199. ISBN 978-0253348173. 
  7. Codorniú et al. 2009
  8. Wilton, Mark P. (2013). Pterosaurs: Natural History, Evolution, Anatomy. Princeton University Press. ISBN 0691150613. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dyce, Sack, Wensing, 2002. Textbook of Veterinary Anatomy Third Edition, Saunders. ISBN 0-7216-8966-3.